off
Política, Politica espanhola — 15 Outubro, 2015 at 7:41 a.m.

Artur Mas declara no TSXC polo proceso participativo do 9-N no 75 cabodano do fusilamento de Lluís Companys

by

Romeva(JxS), Junqueras(ERC), Baños(CUP), Turull(CDC) e conselleiros do Govern apoian a Mas.


 

castelo-montjuic
O presidente da Generalitat de Catalunya Lluís Companys fois fusilado no castelo de Montjuïc o15 de ouctubro de 1940. Nos foso de Santa Eulàlia fusiláronse prisioneiros respublicanos.

O presidente da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, declara esta mañá no TSXC polo proceso participativo do 9-N. Antes da declaración Mas foi a Montjuïc a homenaxar ao expresidente Lluís Companys, no   75 cabodano do seu fusilamento, nun acto carregado de simbolismo.

Miguel Bernard, secretario xeral da organización de extrema dereita Manos Limpias, anuncia que encetaron os trámites legais para tentar ilegalizar a CUP e que se abriron dilixencias para alargar a querela do 9-N por un suposto delito de sedición

Segundo o xornal ARA, máis de 300 persas desfilaron con fachos este abrente até o “fossar (foso) de Santa Eulàlia” do Castelo de  Montjuïc  para lembrar e homenaxar ao presidente da Generalitat Republicana. Ás 9:30 unha comitiva de deputados e alcaldes e perto dun milleiro de persoas concéntranse diante do Pazo de Xustiza do TSXC.Mas vai acompañado da presidenta do Parlament, Núria de Gispert. Os alí presente receben a Mas conaplausos, berros de independencia e de “Tots som Mas” e cantaron Els Segadors – o himno nacional de Catalunya- cando o presidente entrou no Pazo de Xustiza.

O xuizo pola querela do 9-N, de realizarse, non será até 2016. Porén, antes de se celebrar xuizo, ainda se deberá fechar a instrucción, após declaracións de Mas e da exvicepresidenta Ortega e a conselleira de educación Rigau, que declaraon na segunda-feira.

15_Oct_AjuntTorde_viaTwitterOrtega e Rigau afirmaron que seguiran o mandado do Parlament sobre a xornada de participación do 9-N.Rigau explicou as diferencias entre a consulta orixinal, retirada por Mas cando o TC suspendeu o decreto de convocatoria e a lei de consultas- e a xornada de participació que se promoveu despois. De entrada o goberno español desprezou o novo 9-N porén, ao final levárono ao Constitucional, que a suspendeu o  4 de novembro. “Cando me comunicou a providencia do TC a organización estaba arranxada, os voluntarios informados e tiñan a labor atribuída. Non había nada que poidera parar”, afirmou Ortega.

“Non teño conciencia nengunha de ter desobedecido o TC, nin ter ditado ningunha resolución inxusta, e moito menos, ter cometido irregularidade económica” defendou  Ortega, asumindo a responsabilidade da jornada. Lembrou, aliás, que a  Fiscalía Superior de Catalunya  incialmente se opuxera á querela e afirmou que foi “imposta” pola Fiscalía Xeral do Estado.

Que lle imputan a Mas

Delito de prevaricación,delito de malversación de cartos públicos e usurpación de atribucions xudiciais.

Polo de prevariación foi denunciado por un  delito de desobeciencia  atentendo ao artigo  410 do Código Penal que estabelece que “as autoridades ou funcionarios públicos que se neguen abertamente a dar cumprimento a resolucións xudiciais, decisións ou ordes dunha autoridade superior ditadas dentro do ámbito da súa respectiva competencia e revestidas das formalidades legais” poderán ser condeados a unha pena de multa e a unha inhabilitación espeical por cargo público de entre seis meses de dous anos.

Polos de malversación de cartos públicos, segundo a fiscalía, Rigau, Ortega e Mas, terían cometido un delito de malversación polos custos da Generalitat no proceso participativo e os arranxos previos.Este delito está previsto no punto primeiro do artigo   432 do Código Penal onde se afirma que “a autoridade ou funcionario público que con ánimo de lucro  subtraia ou aprobe que un terceiro sutraia cartos públicos que teña ao seu cargo por razón das súas funcións” poderá ser punido a unha pena de cárcere de tres a seis anos e unha inhabilitación absoluta de seis a dez anos. O punto dous  visa un agravamento se a malversación é grave polo importe das cantidades ou dano provocado.

A usurpación de atribucions xudiciais está prevista no artigo 508.1 do Código Penal, que estabelece que as autoridades ou funcionarios públicos que ” impidan executar unha resolución ditada por unha autoridade xudicial competente” será punido con penas de entre seis meses a un ano e a suspensión de cargo por un tempos de una a tres anos”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off