As Coordinadoras de Encontro Cidadán por unha Marea Galega e de Iniciativa pola Unión veñen de celebrar unha reunión que reafirma a vontade de avanzaren na construción de unidade popular que remate na articulación dunha candidatura galega unitaria. Nesa xeira procuraranse metodoloxías que permitan a participación directa da cidadanía e o inmediato chamado aos partidos que se pronunciaran a prol dunha candidatura de unidade que favoreza a mudanza para constituír de forma inmediata un foro político no que acordar os aspectos esenciais que permitan a construción desa arelada candidatura de Unidade Popular.
http://praza.gal/politica/10367/as-forzas-participantes-no-foro-de-mareagal-apostan-por-ir-unidas-as-xerais-e-as-galegas/