off
Galiza, Movementos sociais, Política — 9 Outubro, 2015 at 10:42 a.m.

A nova coordinadora de IxU reacciona con optimismo e vé marxe para o acordo dunha única candidatura galega de unidade popular

by

A mensaxe de toda a nova coordinadora de Iniciativa pola Unión dirixiu á imprensa é que “a nosa misión é xuntar á xente, os partidos deben apostar claramente pola candidatura galega de unidade popular”


Logo de convocar  aos medios  para apresentarse e dar conta do traballo feito, seguindo as decisións dos adherintes de Iniciativa pola Unión(IxU) o 27-S e o refrendo telemático, “Mini” Rivas e Paula Verao debulalron o traballo realizado até o de agora poñendo a andar os grupos de traballo abertos: Comisión de Liñas Programáticas e Ética, Comisión Legal e Electoral e a Comisión de Primarias. Ademais, anunciáronse os actos de extensión territorial para manter asambleas abertas sobre unha candidatura galega de unidade en diferentes puntos do país: Vigo, Ferrol, Ribadeo, CarbalIxU_ollaparolo, Ribeira, Rianxo, Vimianzo, Chantada, Melide, Arzúa, Curtis, Tomiño, Monforte, Sada…

“Mini” resumía a actividade dos últimos días afirmando que en Iniciativa pola Unión temos “a mán tendida e as pernas lixeiras”. Pola súa banda, Paula Verao explicitou a motivación da nova coordinadora de Iniciativa pola Unión reflexionando sobre a posibilidade de “facer unha única candidatura galega de unidade popular, porque Galiza xa foi á vangarda de moitos procesos de loita”.

Na rolda de preguntas, cuestionado sobre a posibilidade de confluencia con outras organizacións e espazos cívicos, Suso Díaz respondeu que “o grupo parlamentar galego soberano, que rende contas ao pobo galego, é o común denominador”.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off