off
Literatura — 8 Outubro, 2015 at 3:11 p.m.

Svetlana Alexievich, unha Nobel que alarga as fronteiras da literatura

by

A autora bielorussa esculca o seu pròpio xénero literario, a ‘novela de voces’. Censurada na Bieolorusia,  unha Nobel anti-Putin

A escritora bielorusa Svetlana Alexijevich
A escritora bielorusa Svetlana Alexijevich

Svetlana Alexandrovna Alexievich (Minsk, 1948), conceituada escritora e xornalista,   gañou o premio Nobel da literatura  2015 –8 millóns de coronas suecass, 860.000 euros– pola súa “escrita polifònica”e porque os seus libros son “un monumento ao padecemento e á coraxe”. A obra premiada centrase na história da Unión Soviética,  o papel das mulleres soviéticas na Segunda Guerra Mundial ou as consecuencias de Chernobil en 1986.

A respeito do seu país, onde non viveu alí dende o ano 2000, ten afirmado “non me publican, non me mostran en lado nengún. Non podo estar na televisión, non podo estar na radio. O ano 2011 voltou a Minsk, na Bielorusia,  onde nasceu en 1948

Os seus libros están traducidos en 22 línguas e foran xa adaptados a pezas de teatro e documentários. Considerada unha das autoras mais prestixiadas a escreber sobre a URSS, os seus traballos teñen recebido unha enorme aceitación por parte da crítica, tendo sido galardoados con importantes prémios internacionais, como o Erich Maria Remarque Peace Prize, en 2001, o National Book Critics Circle Award, en 2006, e agora o Prémio Nobel da Literatura, em 2015.

O seu mais recente libro, O Fim do Homem Vermelho ( traducido para o portugués en Porto Editora) recebeu o Prémio Médicis Ensaio, en 2013, e foi considerado o Mellor Libro do Ano pola revista Lire. O libro conta como viviron os cidadáns- amigos e familiares- da antiga Unión Soviética a mudanza súbita do comunismo ao capitalismo. E como ese cambio afectou as súas vidas no máis elemental: como comen, aman e se relacionan. Ou como é o seu conceito de liberdade.

 Até o momento en español está publicada ‘Voces de Chernóbil’. En Los chichos del latón (1992), que Debate publicará en castelán o ano que vén, fala dos derradeiros anos da historia da Rusia e de como o final do rexime soviético afectou a persoas que acreditaban que esta era a única forma ética de vida. Tamén a editora Debate está a rematar a edición dun dos seus libros máis sobranceiros , La guerra no tienen nombre de mujer.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off