off
Literatura — 8 Outubro, 2015 at 10:55 a.m.

Alexievich, Murakami e Roth, encabezan as apostas do premio Nobel de literatura

by

A escritora e xornalista bielorussa Svetlana Alexandrovna Alexievich, o xaponés Haruki Murakami e os norteamericanos Joyce Carol Oates e Philip Roth dominan as candidaturas de literatura. Coñecerase quen será o Nobel ao longo da mañá.

Alexijevich, mesmo recebiu o aval Maria Schottenius, que fora responsabel de Cultura de ‘Dagens Nyheter’, o principal xornal sueco, e que acertou os gañadores de 2008 e 2009. Outros nomes que aparecen na listaxe son o keniano Ngugi wa Thiong’o, o noruegués  Jon Fosse, o sul-coreano Ko Un, o  somalí Nuruddin Farah, a canadiana  Anne Carson e  o romeno Mircea Cartarescu.

Oates, Roth e Don DeLillo son norteamaricanos que tamén encabezan as apostas. Entre outros, tamén aparee na lista  o arxentino de orixe galega César Aira.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off