off
Saúde, Saúde — 5 Outubro, 2015 at 5:53 p.m.

O Servizo de Pediatría do Hospital de Santiago accede a retirarlle a alimentación artificial a Andrea

by

Os médicos decidiron retirar a alimentación a Andrea, a nena de doce anos cunha doenza dexenerativa irreversibel, segundo vén de informar o avogado da familia, Serxio Campos, losgo de reunirse co equipo de Pediatria. Campos afirmou que a nena terá a “morte digna”  que reclamaban os seus pais e “unha  morte un bocado máis doada que a vida que tivo”.

A mudanza de posicionamento dos pediatras do Hospital de Santiago de Compostela alicerza, porén, no mantemento “dunha mínima hidratación” para que os fármacos fagan efeito. É por iso que agardan que o desenlace sexa cousa de dias.  A nai e o pai decidiran levar o caso ao xuizo ao entender que había  acarnizamento terapéutico contrario á lexislación vixente.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off