off
Europa, Imprensa, Mundo, Politica espanhola — 28 Setembro, 2015 at 11:07 a.m.

Mentres os medios internacionais poñen en destaque a victoria independentista os estatais négana

by

Axiña esqueceran as porcentaxes que se precisaran para aprobar a Constitución do 78 (67,1%). Junts pel sí e as CUP acadan 72 deputados  dunha maioría absoluta de 68. Bruxelas ainda non varolou os comicios cataláns. Rajoy nega a victoria do independentismo e Sánchez focalizao todo no “fracaso” de Mas.


Mentres os medios internacionais poñen en destaque a victoria independentista, La Voz de Galicia  afirma  “A maioría dí non” (todo en maiúsculas) , o ABC “Cataluña non se quere ir” (tamén todo en maiúsculas), El Mundo “A maioría de cataláns di ‘non’ á independencia”. La Razón: “Mas non acada os seus obxectivos” ; “O mal grolo do 27-S”. El Pais, afina un bocadiño máis: “Os independentistas gañan as eleccións e perden o plebiscito”.

Pola contra,  os principais medios internacionais poñen de relevo o mesmo que La Vanguardia recoñece na súa capa: “O Sí imponse”.

 

Die Welt: “Hoxe  comeza a república catalá”

Frankfurter Allgemeine: “Os independentistas gañan as eleccións en Catalunya”, na capa imprensa. “Os separatistas chaman aos cataláns á desobediencia civil”

Der Tagesspiegel: “Maioría absoluta para os independentistas:  ‘Adéu, Espanya!'”.

Der Spiegel: “Os independentistas gañan a maioría no Parlamento”

The Washington Post: “Os partidos pro-independencia gañan unhas eleccións chave”.

Financial times: “Os partidos independentistas gañan as votacións catalás”

The Times: “Catalunya vota separarse o 2017”

BBC: “Os partidos pro-independencia gañan as eleccións”

The Guardian: “Os independentistas catalans gañan as eleccions e reivindícano como un ‘sí’ á separación”. ”

‘Le Monde’ insta Madrid a abrir unha negociación con Catalunya

International New York Times (Ed. Europa): “Os independentistas catalán gañan por estreita mairía as eleccions rexionais”

The Wall Street Journal : “Os independentistas gañan a maioría de escanos nas eleccións catalás, mas cun mandato incerto”

CNN:  “As eleccións catalás situan os independentistas nun roteiro de colisión”

The National, xornal escocés, titula a capa “Catalunya di Sí”

Le Figaro: Os  cataláns comprométense no camiño cara a independencia”

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off