off
Cedeira, Mar e Pesca — 21 Setembro, 2015 at 12:37 p.m.

O armador cedeirense Ricardo Villar “O Rubio” acampa en San Caetano en protesta pola situación das cotas de pescada

by

O armador cedeirense está acompañado doutros volanteiros da pescada de Cedeira, Corme e Laxe que pensan manter a acampada até entrevistarse coa conselleira Rosa Quintana e ter unha resposta do Goberno galego


 

RicardoVillar_sancaetano
Fotos: Daniel Rodas

Ricardo Villar “O Rubio” declarou que non lles deixan mercar cota nin mudar de modalidade como posible saída ante a imposibilidade de poder asumir as multas impostas  xa que a cota de   30.000 quiilos de pescada-  que se paga a 3 euros o quilo- está a abocalos á ruina.

O desespero de Villar pón  de manifesto o retraso na ampliación efectiva das cotas de pescada,  demostrando a falla de peso político e a indolencia dos gobernos estatal e galego que non son quen de defender ao sector ante a UE

As imposicións á pesca de baixura e Gran Sol dende  a CEE, a nadeza do PP e o aumento dos gastos e a pouca pesca do ano acabaron por facer da cota un grillete que non lles permite gañar para pagar pois non dan para manterse e si pescan para saír do paso fora das imposicións as multas afóganos tanto como as inspeccións.

Cada barco ten 35 toneladas de cota de pesacas e reclaman alomenos as 100 toneladas por barco, xa que a tres euros por pescada, son 100.000 euros o que poden facturar nun ano, cantidade que non alcanza para pagaren a seguridade social, aparellos e xornais dos mariñeiros.

O desespero de Villar pón  de manifesto o retraso na ampliación efectiva das cotas de pescada,  demostrando a falla de peso político e a indolencia dos gobernos estatal e galego que non son quen de defender ao sector ante a UE cando hai informes científicos que avalan a existencia de stock suficiente para aumentar as cotas de pesca. Se o problema é político e non medio ambiental non se entende que un armador con cinco barcos esté nesta situación dado o impacto socioeconómico que se deriva do adiamento da amplicación da cota. Estamos perante a práctica totalidade do que resta da flota de Cedeira,Corme e Laxe. Unha incerteza que medra nun sector do que dependen centos de persoas directa e indirectamente en Galiza.RicardoVillar_sancaetano2_

Até o de agora o primeiro e único deputado que mosou o seu apoio  foi o Daniel Rodas(BNG) no seu perfil de Facebook: “EU apoio ó cerco de Galicia” acompañando a “o Rubio” acampado entre outras persoas que se achegaron a darlle apoio.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off