off
Europa, Politica internacional — 17 Setembro, 2015 at 7:43 a.m.

O goberno húngaro usa gases lacrimóxenos e canóns de auga contra os refuxiados

by

A imprensa internacional destaca hoxe o paso barrado con arame farpado e a policia antidisturbios con canóns de auga e gases lacrimóxenos. Segundo Aljazeera, os rimeiros refuxiados cruzan a fronteira Croacia-Serbia, procurando novos roteiros por Europa despois de Hungría selar as súas fronteiras. O resultado é unha batalla campal. 4.000 refuxiados xa chegaron Croacia logo do feche de fronteiras de Hungria, segundo informou a televisión  nacional croata.

A ONU condenou o trato violento da politica húngara aos refuxiados atrapados na fronteira con Serbial. O Parlamento Europeu votará hoxe unha resolución a prol de acoller os 120000 refuxiados que reclama a Comissió Europea,e que varios paises rexeitan.


croatia_hungriaBudapest
 está a blindar  a entrada e inmigrantes e refuxiados de guerra deixando a milleiros de persoas atrapadas no lado serbio da fronteira. Os enfrontamentos saldaronse con 300 feridos. O goberno serbio cualificou de brutal a intervención da policia e enviou reforzos á fronteira que partilla con Hungria. Porén, o goberno de Budapest criminalizou os refuxiados afirmando, segundo o seu portavoz: “Esta non é xente  pacífica,non só queren atravesar Hungria. Són perigosos e este perigo manifestouse hoxe. Vostede acredita que os refuxiados irían armados e atacarian a policia para tentar entrar no nos país?Eu acho que non.”

Víktor Órban, afirma en “Le Figaro” que estudian construir outro valado na fronteira con Croacia. Pola súa banda, o ministro serbio Zoran Milanovic retrucou afirmando que “os valados e os muros non van parar ninguén. Neste caso,enviouse en pleno século XXI unha mensaxe terribel”

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off