off
Galiza, Língua, Ollo ao gato, ollo ao prato — 16 Setembro, 2015 at 12:44 p.m.

Un informe do anterior Valedor do Pobo ignora os dicionarios galegos

by

No informe extraordinario que foi publicado cando ainda ostentaba a titularidade en funcións da institución  José Julio Fernández Rodríguez,  “A situación das persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia unha análise desde o punto de vista do tecido asociativo” defínese “Identidade”, no seu apartado terminolóxico adicado a “Identidade de xénero”, así:

“Que é a identidade? Segundo o Dicionario da Real Academia Española, a identidade é a conciencia que unha persoa ten de ser ela mesma e distinta ás demais”

Unha citación que non se xustifica. Acaso é o Dicionario da Real Academia Española un dicionario especializado en conceitos coma “xénero”, “identidade” ou “transeexualidade” para utilizalos como única autoridade á hora de fixar, dar conta ou precisar o seu significado,  habendo  dicionarios e vocabularios galegos -que habelos hainos, especializados e accesibles, por exemplo, o Dicionario galego de filosofía de Domínguez Prieto, X. M.; M. Lozano Paz ou o Diccionario de psicoloxía e educación editado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitariaen1999-  nun texto que está redactado en galego e direccionado á cidadanía galega?

Por citarmos apenas tres acepcions de doada consulta que os redactores ignoraron, escollendo porén  a acepción española da RAE que eles tiveram que traducir despois para o informe. Un apelo ad autoritatem ao que propio informe non semella recoñecer autoridade ningunha xa que logo non o menciona nas referencias bibliogràficas. Quer dicir, non se albisca ningures o valor engadido da cita agás a inercia de tirar  de referencias alleas inxustificadas cando as hai nada casa e no idioma de noso.

-Dicionario da Real Academia Galega: “Identidade:Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal”.

Dicionario Estraviz: “Identidade:Qualidade de idêntico, aquilo polo que uma pessoa ou cousa é idêntica a outra.

Michaelis dicionário de português online:”consciência que uma pessoa tem de si mesma”

Se cadra a oficina do Valedor do Pobo non albiscara que o necesario aproveitamento da terminoloxía galego-portuguesa alicerza precisamente no uso acaído e preciso das nosas fontes terminolóxicas.  Do seu coñecemento e consistencia ao seren  referenciadas. As palabras importan  tanto como importan as fontes das que emanan.O paradoxo do asunto é que tratándose do conceito de “identidade” , o Valedor do Pobo Galego non semella amosarse dilixente portador dos trazos diferenciais, que se asumen como proprios e intransferibles (a “identidade”). Entre outros, o coñecemento lingüístico xerado na sociedade galega,  para alén de ser simples reproductor de vellos automatismos.

Correción de grallas:

Vimos de corrixir a atribución que dabamos da elaboración deste informe a actual Valedora do Pobo, algo que non é así xa que Milagros Otero tomou posesión hai quince días e a publicación do documento aludido produciuse con anterioridade, momento no que ostentaba a titularidade en funcións desta institución  José Julio Fernández Rodríguez.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off