off
Europa, Mundo, Politica internacional — 15 Setembro, 2015 at 6:59 a.m.

Fracaso da Unión Europea no reparto de refuxiados

by

Europa ergue muros após suspensión temporal do acordo de Shengen. Hungria sela a fronteira e impón penas de cárcere aos “senpapeis”. Alemaña e Austria tamén fechan a fronteira.


 

Incapaces de desenvolver un sistema europeo de acollida, os 28 estados da UE adiaron a decisión tres semanas máis, mentres medra o numero de paises que reforzan as fronteiras. Polonia e Hungria axiña esqueceron que non hai moito eran os seus cidadáns os refuxiados.

Àustria desplegará o exército para afortalar o control da fronteira con Hungria perante a chegada da refuxiados

O ministros de Interior da UE debaeron o reparto de 120.000 refuxiados. Eslovaquia, a República Checa e Hungria rexeitan a proposta da CE, que tén o apoio de Alemaña. O caso é que malia os titulares  en Francia e Alemaña anunicaran un preacordo, rematada a cimeira os ministros anunciaron  que tentarán desblocar a situación noutra cimeira o 8 de outubro. Un dos atrancos para acadar un acordo podería ser o caracter obrigatorio de aceptar as cotas de refuxiados, un sistema que non aceptan os paises do Leste, entre outros.

Segundo Fernández Díaz,O estado español comprometeuse  a acoller unha cota de 15.000 refugiados logo de discutir a proposta da Comisión Europea, que quer repartir 120.000 demandantes de asilo chegados de Grecia, Italia e Hungria entre outros. Estes hanse sumar aos 1.300 refuxiados dos 40.000 que os socis europeus aceptaron acoller en xuño. A máis, o ministro de exteriores calcula que chegarán ao estado 17.000 refuxiado fora da cota, até os 37.000.


Ao mellor tamén che interesa:

Indiferencia europea e estados petroleiros que non acollen refuxiados sirios

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off