off
Enerxías, Galiza — 15 Setembro, 2015 at 10:02 a.m.

A CIG publica un vídeo que demostra a necesidade dunha tarifa eléctrica galega

by

O video lembra que a tarifa única eléctrica foi unha imposición do franquismo no ano 1951 e que hai estados no mundo (EEUU) e na propia Europa, como Gran Bretaña, Alemaña ou Austria onde non hai tarifa única. “Establécense as tarifas segundo os territorios e o capital da empresa e no caso concreto de Alemaña, por exemplo, hai moitas empresas públicas, dependente de concellos, de landers.. e teñen tarifas diferentes”.

“O recibo eléctrico págase algo máis que a propia xeración de electricidade. Pagamos todas e todos as peaxes, que son custos asociados á produción eléctrica nos que hai conceptos como os de solidariedade entre territorios. Págase, por exemplo, o sobrecusto derivado do transporte de electricidade ao sistema extrapeninsular, como Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla que se cuantifica, nun ano, en 1.800 millóns de euros; a axuda ao carbón español, 500 mill de euros; o transporte a aqueles territorios que non producen nada, aos que hai que levar a enerxía, como é o caso de Madrid, que non produce máis do 1-2% do que consume e que recibe o subministro doutros territorios, entre eles Galiza; hai tamén axudas por peaxes ás novas tecnoloxías”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off