off
Globalização, Movementos sociais, Politica internacional — 9 Setembro, 2015 at 8:10 a.m.

Unha reporteira dunha TV hungaresa dá unha rasteira a un refuxiado sirio que fuxía da policia

by

As imaxes circulan polo Twitter e Facebook e nelas a reporteira que leva  cámara en man, dalle unha rasteira a un home que corre polo campo cunha crianza no colo. O home cae ao chan e encárase coa xornalista, como se lle quixera pedir explicacións, mentras ela sigue a rexistrar coa cámara.   Os refuxiados estaban a ser retidos por un cordón policial que conseguiran romper para fuxir do lugar, en Röszke, perto da fronteira con Serbia, onde foran chegando moitos refuxiados sirios. A insólita agresión  publicouna Stephen Richter, un xornalista alemán, e viralizárouse axiña polas redes socias.

O medio húngaro 444.hu identificaba a xornalista como Petra László, que foi despedida da emisora de extrema dereita a consecuencia da rasteira se tornar viral.

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=e2kdd-B_RQg[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off