off
Agro, Galiza, Movementos sociais, Saúde — 4 Setembro, 2015 at 7:18 a.m.

Mobilizacións masivas en Vigo e Lugo

by

Multitudinaria mobilización en Vigo defensa dun hospital público e contra os recortes e de tractores e gandeiros en Lugo.  En ambas e dúas esixíronse as demisións de Feijóo, Quintana e Mosquera


 

VIGO_sanidadepublica_galizanova
Vigo.Foto: @galizanova

Ateigada marcha en Vigo en favor dun hospital público. A comarca tamén se mobilizou con buses que chegaron dos concellos da contorna. A policía local cifrou  a asistencia nunhas 200.000 persoas de toda a comarca, entre persoal sanitario, oposición política e organizacións sindicais, colectivos en defensa da sanidade pública.

A protesta tiña como obxectivo esixirlle á Xunta que o Hospital Álvaro Cunqueiro deixe de ser  “vendido por pezas ao mellor postor”.

“Feijóo, non mires a Madrid, o lío do leite témolo aquí”. “Se non o amañas, ímoste botar”

En Lugo  foron familias enteiras que dependen deste sector estratéxico do país, gandería de leite, as que se mobilizaron para exixirlle á industria e aos distribuidores que  deixen de “roubar” a súa materia prima, e ao executivo galego da Xunta, que “goberne” para garantir uns prezos sustentables.

A CIG vén de facer un chamamento a participar na gran manifestación que terá lugar o xoves 10 de setembro en Compostela en defensa dos gandeiros e gandeiras.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: