off
Cedeira, Festas — 20 Agosto, 2015 at 9:16 a.m.

Resposta a Luís Rubido (PP)

by

A Concelleira de Cultura do Concello de Cedeira resposta a Luis Rubido logo de ter afirmado o anterior alcalde a través de La Voz non ver “motivo de reproche en que a banda [Los inhumanos] pediran bebidas alcohólicas, dentro do contrato asinado coa anterior comisión de festa” na que era alcalde, acrescentando amais que todo iso «demostra o descoñecemento absoluto (da actual concelleira de cultura e tenente de alcalde Mª Xosé Rodríguez do mundo do espectáculo” (sic)


Sr. Luis Rubido,

non creo que vostede sexa quen de xulgar os meus coñecementos sobre calquera tema e lémbrolle que tanto vostede coma min adicámonos á política, local, pero política. É precisamente no contexto político no que insiro a crítica e a posibilidade de debate sobre a ética de por qué un Concello que xa lle está pagando a un grupo por una actuación, ten que facerse cargo ademais de submistrarlle bebidas alcohólicas.

Xa sei que é algo habitual, pero aclárolle volvendo ao tema dos meus coñecementos, e ao que significa facer política no ámbito municipal, que o xeito de avanzar en moitos casos implica cambios do “habitual”. Póñollo máis simple, temos que pagar todas e todos os “caprichos” de calquera grupo a maiores do que xa se lles paga por actuación?. Pénseo e ao mellor resulta que non lle parece tan “ridículo” o que lle digo.

María Xosé Rodriguez é concelleira de cultura no Concello de Cedeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off