off
Galiza, Meio ambiente — 28 Agosto, 2015 at 7:49 a.m.

Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega

by

nosaenerxiacoopertiva_OLLAPARONosa Enerxía nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovabel certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente.

A longo prazo, “a cooperativa tamén ten como obxectivo a promoción de proxectos de xeración de enerxía renovabel de xeito distribuído, como outro dos pasos para acadar un modelo enerxético 100% renovabel”

O funcionamento desta iniciativa está baseado no modelo cooperativo, isto significa que alicerza nunha organización participativa, aberta e xestionada de xeito democrático, onde todas as persoas cooperan para evolucionar cara a unha sociedade máis equitativa e sustentable.

Hogano, Enerxía Sociedade Cooperativa Galega está a procurar medios de xestión que lles permita comercializar enerxía eléctrica ,co albo de pór en marcha unha fase de probas, onde subministrán enerxía ás persoas promotoras da cooperativa, e deste xeito pór a punto este servizo. Unha vez finalice esta fase de probas, a cooperativa comezará a fornecer enerxía a todas aquelas persoas socias que o desexen.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off