off
Europa, Movementos sociais, Política — 28 Agosto, 2015 at 9:01 a.m.

Varoufakis quere “restaurar a democracia” en Europa

by

 

Iannis Varufakis, exministro de Finanzas grego, non ten intención de participar nas “tristes” eleccións gregas do vindeiro mes. Hase centrar, porén, en crear un novo movimento para “restaurar la democràcia” en Europa, segundo explicou onte á axencia  Reuters.

Varufakis, destituido como ministro de Finanzas o pasado mes logo ter rexeitado o novo resgate grego e despois de ser afastado como negociador, atacou o acordo fechado Alexis Tsipras cos acredores. O exministro tiña avanzado que non faria parte da escisión de Syriza, Unidade Popular, constituido en novo partido.  Ainda que simpatiza, hai puntos cos que non concorda, como a defensa da saída de Grecia da zona euro. Aliás, Varufakis quere establecer unha rede europea -“non é inmediato, mas estase a cocer paseniño”- que poda chegar a tornarse en partido, ainda que de momento só é unha idea que moitos apoian, afirmou. “No canto de ter partidos nacionais que se prsenen a escala nacional, será unha rede europea que esté activa a escala nacional”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off