off
Galiza, Política, Politica espanhola — 26 Agosto, 2015 at 11:58 a.m.

Davila a Montoro: “este goberno non sabe darlle solución ao sector agrario galego, consinte que esté a arruinarse”

by

davila_26_08_2015A deputada no parlamento español do BNG debullou o caracter electoralista dos orzamentos (a tres meses das eleccións)  defendidos polo ministro de Facenda Montoro en termos de “estabilidade política” e de ataques á oposición, quer dicer, aos grupos que presentaron enmendas á totalidade  a quen o titular de Facenda acusou de pretender que o estado español suba os impostos e “teña máis déficit público”, en referencia ao goberno de Zapatero.

Na súa quenda Olaia F.Davila(BNG) debullou o electoralismo e incumprimentos do goberno Rajoy con Galiza, a pór de relevo a inconsistencia duns orzamentos que  “non ten sentido que os presenten nestes momentos” xa que o goberno, que  está “case en funcións”, “deixará atados os orzamentos para 2016 sen ter lexitimidade para xestionalos” (en referencia ao temor de perder as eleccións e no estar en xaneiro para administralos) o que xustifica segundo a deputada nacionalista o rexeitamento á totalidade. Acrescentou, amais, que “non se trata duns orzamentos de trámite xa que con eles preténdese deixar en herdo a nefasta política económica do goberno de Mariano Rajoy”. De feito, Mariano Rajoy non asumiu a defensa directa dos seus orzamentos delegando en Cristobal Montoro, substanciados en 20 millóns de euros menos para Galiza.

“Nunha houbo tanta crispación e inestabilidade social que con este goberno do Partido Popular.A xente viuse obrigada a estar nas rúas a eito, ben polos desafiuzamentos, polas preferentes ou polos emigrantes retornados, polo desmantelamento da sanidade pública ou da educación, o emprego ou as políticas represivas do goberno, etc. Nunca tanta inestabilidade social e política houbo. Porén, apela á estabilidade política dun partido que conta nas súas filas con nivel de corrupción tant alto que fai da política un bochorno e que o estado español sexa un estado bananeiro”, afirmou Davila.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off