off
Arte, Escultura — 21 Agosto, 2015 at 18:18

O corpo como obxecto

por Brais Eirexas

O Palacete Municipal de Cedeira expón pezas de Adrián Taracido até o 6 de setembro. O escultor é tamén  o responsábel da organización do Primeiro Concurso de Pintura Rápida con temática paisaxística que se fará en Cedeira o vindeiro 23 de agosto.


 

O pasado martes o artista cedeirés Adrián Taracido inaugurou a súa primeira exposición individual na Sala de Exposicións do Palacete de Cedeira. Durante a inauguración estivo acompañado pola familia, amigos, membros do Concello e visitantes que se achegaron deica alí para degustar algúns pinchos e desfrutar da propia exposición, durante a cal aprobeitou para botar un pequeno discurso como agradecemento a todas e todos os asistentes ó acto no que logo procedeu a explicar brevemente cada una das pezas “non quero profundizar moito na miña interpretación das esculturas, senón influirei na vosa interpretación sobre elas”.

 

O entrar na primeira Sala de exposicións, óllase no centro unha pequeña peza feita en resina de poliéster de un mariñeiro, a quen o artista chamou “Luis o mariñeiro” en honor o seu pai. “Esta primeira peza non ten relación coas outras, xa que é una maqueta feita no ano 2009 para un proxecto en homenaxe á figura do mariñeiro e unha chiscadela a Cedeira, xa que este mariñeiro tamén simboliza, en certa medida, o home da Peixeira”.

 

Ao adentrarnos na primeira das salas, podemos ver unha gran estantería cunha morea de pezas que nos lembran a algo siniestro, un almacén de máns retorcidas, máns con 6 ou incluso 7 dedos e máns de cemento. Cando se lle pregunta o motivo de facer máns, cóntanos que “as máns representan a miña mellor ferramenta de traballo, e as que están na estantería, forman parte dunhas máns que simbólicamente servíron no pasado, adaptándose ás necesidades do momento coma unha pegada física do meu pasado pero que agora xa son obxetos infuncionábeis (de ahí as deformidades ou a falta de membros) e están “gardadas e almacenadas” nesa estantería”

“Prefiro amosar poucas pezas ben escollidas que dialoguen co espazo, que respiren entre elas e se manteñan frescas para degustalas sen chegar a unha saturación”

Na seguinte sala atopamos unha peza moi fráxil e delicada feita íntegramente en escaiola. Trátase de dúas pernas realizando unha postura moi natural como é o xesto de camiñar nun perfecto equilibrio. Un paso cara adiante que nunca rematará, que semella estar conxelado no tempo pero con una clara dirección cara adiante, cara un foco de luz que marca a meta inalcanzable no espazo.

Tratase dunha exposición rápida e fácil de dixerir pero feita con moito agarimo, coidado e ganas.

I Concurso de Pintura Rápida

poster concurso

Debuxo da Peixeira realizado por Adrián Taracido para o cartaz do concurso

Taracido é tamén  o responsábel da organización do primeiro concurso de pintura rápida con temática paisaxística que se fará en Cedeira o vindeiro 23 de agosto. Agárdase que o domingo pintoras e pintores de toda Galiza estén espallados por diversas zonas da Vila como son as beiras do río Condomiñas, o paseo marítimo e o paseo do muelle, e poidamos contemplar a súa interpretación da nosa preciosa vila.

A inscripción é de balde e para anotarse só é preciso ter un lenzo e moitas ganas de pintar.

 


Adrián Taracido é nado en Cedeira (1986). Obtén o “Título de técnico Superior en Artes Aplicadas á Escultura” na EASD Pablo Picasso (Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso) no ano 2009 e nese mesmo ano, matriculase na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, continuando no ano 2013 co Mestrado de investigación e creación en Arte Contemporánea.Participou en varias exposicións colectivas, Artexove 2008 e 2009 en Pontedeume e nas colectivas da EASDPP no Forum Metropolitano de A Coruña nos anos 2008 e 2009. No ano 2013 participa na exposición titulada “Medidas ImPopulares” no Barco de Valdeorras (Ourense), en “Barosa Líquida ´13” no Concello de Barro (Pontevedra) e en BrandBook´13 comisariada por Ana Soler. No ano 2014 é gañador dun Accesit da “Fundación Francisco Asorey” e un dos participantes da exposición “Eso sigue su curso 2014” no Museo da Diputación de Pontevedra (Sexto edificio). Neste último ano é seleccionado como finalista no II certame de Escultura Francisco Asorey e é un dos 12 participantes na exposición celebrada durante a feira do viño en Cambados na sala Exposalnés. A maior parte dos seus traballos están feitos en escaiola, cemento e resinas, e utilizando diferentes tipos de moldes. Suele investigar o paso do tempo nos materiais e a disfuncionalidade e abstracción nas súas pezas creando pezas únicas e non seriadas a pesar de utilizar moldes. A súa temática non se podería definir de maneira doada, pero teñen un peso moi importante as texturas rudas, naturais e incluso as corrosións ou erosións.

www.behance.net/A_Taracido

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: