off
Galiza — 24 Xullo, 2015 at 7:10 p.m.

Dia da Pátria 2015 sob o signo da unidade

by

BNG, CxG e Cerna alentan a acudir a unha marcha que tamén apoian EU, CCOO, CIG ou Fruga.O último en anunciar a súa presenza foi Xosé Manuel Beiras, voceiro de Anova. A AS-PG, os emigrantes retornados e Galiza Cultura tamén se adheriron á mobilización d’A Nación Galega

 

Xurxo Souto será o mestre de cerimoniOllaparo_galiza_mapaas do resto de actos, nos que Valentín García Bóveda (neto de Alexandre Bóveda), Patricia de Lorenzo, Federico Pérez Rei e Alba Cuba serán os encargados de ler o manifesto.  Mercedes Peón, Uxía, Paula Chaves, Alba María e Lidia Botana completan a parcería de actuacións musicais, para rematar o acto co himno de Galicia interpretado polo gaiteiro Moncho do Orzán.

Declaración de Bonaval

BNG, EH-Bildu e a CUP asinaron nesta véspera do Día Nacional de Galicia a Declaración de Bonaval -aberta a formacións políticas nacionalistas e independetistas galegas, catalás e vascas-na que as tres formación se comprometen a traballar conxuntamente para superar o marco que consagra a Constitución española de 1978, avanzar cara procesos constituíntes en Galiza, Euskadi e Catalunya e na defensa da soberanía plena das tres nacións.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off