off
Editorial, Galiza, Saúde — 24 Xullo, 2015 at 7:36 p.m.

A insustentabel leveza da insustentabilidade do sistema sanitario público segundo Feijoó

by

Na véspera do Dia da Pátria, Rocio Mosquera, conselleira de Sanidade, e o presidente Feijoó teiman no xogo ao que levan xogando toda a lexislatura. O xogo de Romay Becaría. Primeiro guíndase a ameaza da insustentabilidade do sistema sanitario público e despois o “pai valedor” tranquiliza a opinión pública dicindo que mentres esté aí non hai medo. Fraga facía o mesmo…e máis choraba. O tecnócrata Feijoó non chora. Chama a aqueles que queran defender a sanidade pública a poñerse ao seu carón. O que Feijoó non dí é que entende por sanidade pública. Quer dicer, logo de vermos como en Galiza e no Estado o PP teima en artellar como derivar sob a marca “sanidade pública” como financiar con recursos públicos empresas sanitarias privadas que non garanten a calidade da atención, a equidade do acceso nin o cambio cara modelos de saúde que garantan asistencia aos procesos crónicos de maneira individualizada e incardinada na realidade social, laboral e territorial de Galiza.

Rocio Mosquera laiose nada máis e nada menos que nunhas xornadas sobre empoderamento de pacentes, afirmando a “deficiente alfabetización da poboación en materia de saúde, a inadecuada autoxestión da doenza e o mau uso dos recursos preventivos”. Hai que ter moito valor para deitar esa responsabilidade sobre a poboación cando xestionas unha Consellería de Sanidade en nome dun partido que leva gobernando prácticamente todo o período autonómico.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off