off
Cedeira, Política local — 22 Xullo, 2015 at 10:19 a.m.

O importante é que imos aforrar máis de 50.000 euros ao ano respecto ás anteriores corporacións afirma Moreda, alcalde de Cedeira

by

O pasado dia 15 de xullo falamos de todo un pouco co novo Alcalde de Cedeira á espera de que o goberno galeguista saído das ultimas eleccións municipais debulle as liñas principais do seu plano de goberno


Contaminación do Condomiñas.

 Augas de Galicia; que exixencia ou  solución se lle vai pedir na reunión concertada?

Moreda:A reunión que teremos o vindeiro martes día 21 de xullo en Augas de Galicia será con Gonzalo Mosqueira. Despóis de ter visitado a Edar de Cedeira temos moi claro que non sabemos determinar de donde veñen exactamente os vertidos que fan que as nosas augas estén contaminadas de tal forma que non sexan adecuadas para o baño, para a reserva mariña, … O que sí que temos claro é que para nos é importantísimo resolver esta problemática. Por iso queremos saber cal é a predisposición que ten augas para abordar estos problemas, polo menos para ter coñecemento deles e buscar unha solución. A min persoalmente paréceme boa idea poder ter un tanque de tormentas, sería unha medida máis rápida aínda que nunca aliviaría de todo a depuradora, pero sí axudaría en momentos puntuais. Tamén queremos saber si se poden instalar pequenas depuradoras nos ríos, como pode ser no río da Veiga e no regato que baixa pola Laboreña. Sabemos que a solución ideal é a máis cara, que é ter unha rede separativa de pluviáis e fecáis. Loitaremos por ir facendo esta rede treito a treito. Queremos que os nosos veciños sepan que este goberno loitará para que este problema remate, e que non pararemos ata saber de donde veñen e poñeremos os canles adecuados para buscar unha solución.
– A situación actual non semella favorecer o aforro dee auga, gravando as economías domésticas e os locais  por agua que non se consume.Tedes pensado pór fin ao consumo mínimo de auga (semella excesivo  e mesmo vai en contra da directiva marco da auga)
Moreda:Respecto ao consumo doméstico da alga aínda non nos puxemos a falar deste tema. Aínda que sí que é algo moí importante pois afecta directamente á economía das nosas familias. A urxencia que se vive nestes momentos no concello fainos deixar este asunto para tratar cando revisemos as taxas de lixo, auga, basura, … Primeiro hai que revisar o convenio firmado con viaqua, nestes momentos estamos analizando e vendo as deficencias que podia haber no convenio de Celtraprix en relación ao servicio de recollida de basura.

 

 

Remuneracións

No pleno aprobaronse duas asignacións exclusivas a do alcalde e ao do concelleiro de deportes, porque deportes e non outra? Que criterios de asignación de remuneración se seguiu (a do Soldo Mínimo Interprofesional)?Cal foi o criterio de pasares de 186 a 60 euros a asistencia á Xunta de Goberno?Estase a trasladar esta mudanza á cidadanía? Quer dicer co PP o custo fi de 185 mil euros, co tripartito de Vergara 150 mil e agora 120 mil.Un aforro de 60 mil euros, mas non podería haber a percepción de que se concentra moito nun só cargo no canto de repartilo (por exemplo, na Coruña o alcalde cobra 40.000€)

Moreda:Dende o primeiro momento en que este Goberno Galeguista de Progreso se reuniu consideramos que era esencial que o Alcalde tivese unha adicción exclusiva, pola cantidade de traballo existente e pola responsabilidade que conleva. Unha adicción a tempo completo. Realmente o concello é moi absorvente en tempo. Este alcalde entra a trabajar ás oito da maña e non sae do concello ata as tres e media tódolos días. Despóis pola tarde traballo unha media de tres horas diarias no concello para sacar adiante moitas cousas que durante o día pola urxencia dos momentos non me da tempo a rematar. A todo isto os sábados e domingos hai que participar en todos os actos que teñían representación por parte do concello. Verdadeiramente poido asegurar que o alcalde é alcalde as 24 horas do día, 365 días ao ano. Despóis do primeiro mes de traballo o BNG xunto con ANOVA e co apoio do PSdeG propuxeron unha adicación máis para Nicolás. El  é o concelleiro de Deportes, pero tamén é adxunto en Cultura, Turismo e Xuventude, está no concello desde primeira a última hora, sabemos que é necesario que haxa dúas persoas que estén o 100 % do tempo do día pensando e traballando para o concello. Calquera das tres formacións que formamos esta nova corporación estábamos dacordo en que non podíamos permitir que as xuntas de goberno se celebrasen unha vez á semana e se cobrasen por elas 186 eurazos, esto ao mes suponía un gran desembolso. Desta forma o aforro é considerábel, pois con nos solo haberá unha xunta de goberno cada 15 días e pagaranse por elas 60 euros. Cómpre pensar que cada sesión adoita durar unha hora como moito. Por iso, que a todos nós o que nos parecía mal é que houbese estas remuneracións que parecían soldos encubertos, así como os cargos de confianza. O importante é que imos aforrar máis de 50.000 euros ao ano respecto ás anteriores corporacións.
En relación ao que vai a cobrar o alcalde da Coruña non sei realmente como son as súas remuneracións, si vai a cobrar por ser deputado provincial (que serían outros 52.000 euros), o número de asesores que vai a ter, dietas, varios, … Eu creo que aquí o que se ten que valorar é sempre o traballo, a capacidade de xestión (con nos este ano aforraremos ao concello uns 30.000 euros nas festas, considero que isto é unha boa xestión porque estes cartos poden ir a donde máis falta fan).

 

 

Participación
-Que valoración fas até o de agora de abrir os plenos á cidadanía?Tense pensado ampliar dalgún xeito esa posibilidade de participación con alguna partida partida orzamentaria?

Moreda: Foi unha experiencia moi positiva abrir os plenos aos veciños. Creo que con esta decisión se sinten máis importantes e nos ven a nos como máis cercanos. Foi un pleno onde a xente preguntou polo estado da praia da magdalena, pola contaminación das augas, … Esperemos que ese pleno cree un precedente e consigamos que os veciños se animen a acudir, a participar, a decir o que pensan, co que están dacordo pero tamén co que non estén. Esperemos que o PP non faiga como no último pleno que se marchou e non atendeu aos nosos veciños.
Pero non so queremos que os veciños participen nos plenos, senón en máis cousas que pouco a pouco iremos comentando.  A revista Ollaparo e o resto da cidadanía está  convidada a facerme chegar calquer proposta, crítica, opinión, …, sobre todos e cada un dos temas que consideren oportunos.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off