off
Galiza — 13 Xullo, 2015 at 7:00 a.m.

Un manifesto pide a celebración unitaria do dia da Nación Galega

by

Ollaparo_15_set2013_quintanaVén de difundirse esta fin de semana  o manifesto O día da nación galega, o día de tod@s, arranxado para que se poida asinar en liña, suliñando que “nace da cidadanía que, sen agardar instrucións nin consignas, quere manifestar o seu desexo e a súa vontade de nos reunir nunha celebración” que “diga claramente que as divisións nos debilitan e nos encamiñan á insignificancia, mentres a unión multiplica as nosas forzas para procurarmos as ferramentas necesarias que nos permitan decidir que queremos ser”

 

Interpelando  “aos cidadáns e cidadás, aos colectivos sociais, culturais, recreativos…, a que se sumen, sen exclusión previa ningunha” para construír “un Día da Nación Galega, un día de unidade” ao que despois se sumen os partidos e organizacións políticas.

O chamado está asinado dende o primeiro momento por Suso de Toro, Xabier P. DoCampo, Agustín Fernández Paz, Xurxo Souto, Manuel Bragado, Xosé Manuel Pereiro, Mercedes Queixas, Ana Miranda, María Reimóndez, Margarita Ledo, Manuel Rivas, Xavier Vence, Miguel Anxo Fernán Vello entre outras 577 persoas, arestora.

 

Salienta que “Galicia precisa existir con forza para defender os intereses inmediatos e estratéxicos como nación. Sabemos da inmensa forza da unidade, do enorme potencial de ilusión e entusiasmo colectivo que poden xerar a defensa da nación e da soberanía. Estamos na hora de andar ese camiño”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off