off
Educação — 3 Xullo, 2015 at 11:45 a.m.

Consello escolar e claustro do Nicolás del Rio presentan unha reclamación polo aumento do número de estudantes por clase e a reducción do catálogo docente

by

Mália as reclamacións colectivas e individuáis presentadas durante todo o curso pasado polos pais e nais ainda non houbo resposta por parte da Consellería


A secuencia recente dos feitos remóntanse a cando se acordou  por unanimidade do Consello escolar e do Claustro reunidos con data 25 e 26 de xuño, solicitar á Consellería o estricto cumprimento da normativa vixente no referente ao número de alumnos/as por aula para todos os cursos de educación infantil eprimaria no CEIP Nicolás del Río (Cedeira) e a modificación do catálogo docente para o centro, recuperando o profesorado de Educación Física e de Pedagoxia Terapéutica para o curso 2015-2016, tendo en conta que o número de unidades non estaba correctamente asignado no curso 2014-2015.

Exixen o estricto cumprimento da normativa vixente no referente ao número de alumnos/as por aula para todos os cursos de educación infantil e primaria e a modificación do catálogo docente para o centro, recuperando o profesorado de Educación Física e de Pedagoxia Terapéutica para o curso 2015-2016

Segundo fontes consultadas por Ollaparo,  durante o curso 2014-2015 incumpriuse a normativa vixente debendo ser tres no canto de dous o número de unidades para os nenos/as de 3 anos . Este incumprimento redundou nun menor número de docentes por alumno para o curso xa rematado (tanto nos titores como nos mestres de apoio). Porén, agora ten incluso repercusións no catálogo de docentes do centro para o curso 2015-2016 no que se reduce o número de docentes que corresponden ao centro (Educación física e Pedagoxia Terapéutica), sen que teña variado o número total de alumnos do centro dun curso a outro, e continuando polo tanto coas mesmas necesidades educativas.

Na altura, a finais do mes de xuño, mália as reclamacións colectivas e individuáis presentadas durante todo o curso pasado polos país e nais do alumnado do centro, ainda non había constestación por parte da Consellería. Consello escolar e  Claustroe lembran que conforme a lei de orzamentos do estado para 2015 non sería nin siquera discutible durante todo o exercicio 2015 e seguintes a posibilidade de aplicar transitoriamente o Real Decreto-lei 14/2012, de 20 de abril por estar vinculada as medidas de recorte a unha tasa de reposición de efectivos inferior ao 50 por 100.

Fundamentos da reclamación

A reclamación remetida á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xefatura Territorial da Coruña expón os seus fundamentos xurídicos segundo a normativa aplicable, o máximo de alumnos/as por aula en Educación Infantil é de 25, conforme ven regulado no artigo 157.1.a da Lei orgánica 6/2006, do 3 de maio de Educación (en adiante LOE). Esta redacción non foi obxecto de modificación expresa nas sucesivas reformas desta lei.

No artigo 87.2 da LOE, na súa redacción modificada pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE), habilita a autorizar un incremento de ata un 10% do número máximo de alumnos/as por aula nos centros públicos e privados concertados dunha mesma área de escolarización, ben. para atender necesidades inmediatas de escolarización do alumnado de incorporación tardía, ben por necesidades que venan motivadas por traslado da unidade familiar en período de escolarización extraordinaria debido á movilidade forzosa de calquera dos pais, nais ou titores legáis.

Dacordo co Estatuto de Autonomía, en Galicia exercendo as competencias educativas publicáronse diversas normas para mantener o número máximo de alumnos en Educación Infantil, como é o artigo 4 da Orde do25 de Xuño de 2009, pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo de educación infantil en Galicia.

No mesmo sentido manifestase o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e a Orde do 12 de marzo do 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off