off
Cultura, Música — 3 Xullo, 2015 at 8:28 a.m.

Ciclo de “Música na rúa”, eixo cultural do novo goberno de Cedeira para o mes de xullo

by

A área de Cultura do Concello de Cedeira enceta un cliclo musical de música ao vivo que se vai desenvolver nas rúas e prazas e nos  espazos públicos  da vila durante o mes de xullo. O ciclo programa concertos, cantos de taberna e ruadas que reunirán a grupos e intérpretes locais.


rua
Preme na imaxe para ler o programa

Área de Cultura e Turismo, conformada en parceria polos tres grupos políticos que forman parte do novo goberno progresista e galeguista de Cedeira (unha xestión en equipo que tamén se dá nas outras áreas de goberno). O equipo de cultura e turismo, está formado por Nico, Tiano e  concelleira María Xosé  Rodriguez (BNG)  e conta coa colaboración do técnico de cultural do Concello Quique Vázquez.

 

Segundo a portavoz de cultura do novo goberno de Cedeira, “o primeiro paso que dimos foi reunírmonos coas asociacións musicais, concretar dispoñibilidade de datas e todo saíu ben sucedido. Polo que lles estamos moi moi agradecidos, tanto por todas as facilidades que deron para organizar ás actuacións como pola súa boísima e desinteresada resposta”.

A idea de levar a música á rúa neste mes de xullo, malia estar condicionada  pola climatoloxía, alicerza na vella tradición musical cedeiresa e resposta “á necesidade de poñer en valor o traballo de todas as asociacións, verdadeiros axentes culturais de noso, neste caso as relacionadas coa música, para facelas visibles nas nosas rúas e aproveitar ademais a enorme tradición musical coa que contamos neste pobo”, afirmou Maria Xosé Rodríguez, concelleira e portavoz de Cultura.

A idea de levar a música á rúa alicerza na vella tradición musical cedeiresa e resposta á necesidade de poñer en valor o traballo de todas as asociacións, verdadeiros axentes culturais de noso

A área de cultura do novo goberno municipal  expresou “estar aberta á colaboración de todo o mundo e que é nesta liña na que pensamos traballar, aínda que fontes do goberno municipal tamén precisaron que “ainda nos quedan moitos grupos e asociacións con que falar e poñernos en contacto, por agora non tivemos moito tempo e temos moito traballo por diante. Pero para nós a participación dos nosos viciños e viciñas é fundamental e así o queremos transmitir”.

 [ct_section title=”Música na rúa” subtitle=”Programa do ciclo de música ao vivo.Cantos de Taberna.Ruadas.Concertos” background=”#81DAF5″ gradient=”#eeeeee”][/ct_section]

[ct_column_fifth]

A Asociación Cultural Buxainas ofrecerá Cantos de Taberna os venres a partir das 20 horas e o  dia 11 un  Festival Buxainas na Praza Roxa, contra das 20 horas.

[/ct_column_fifth][ct_column_fifth]

Aturuxeiras actuarán mañá ás 21 horas na Praza do Peixe e o 25, tamén ás 9 da noite na Praza do Floreal.

[/ct_column_fifth][ct_column_fifth]

A Banda de Música Pro Cedeira ofrecerá un concerto o domingo ás13 horas na Praza Roxa

[/ct_column_fifth][ct_column_fifth]

A Orquestra de Acordeóns actuará o  día 12   ás 13 horas na Praza da Laranxeira, fronte  o Concello

[/ct_column_fifth][ct_column_fifth_last]

O Festival de Corais Virxe do Mar  será a mediados de mes, o día 18 está no  Auditorio Municipal, contra das 21 horas.”

[/ct_column_fifth_last]

[ct_spacer height=”30″]

Ruadas  os dias 19 e 26

[ct_column_third]

O 19  ruada da Asociación Cultural Robaleira  e concerto nos xardíns do Palacete

[/ct_column_third][ct_column_third]

O 26 ruada da Banda Vila de Cedeira e concerto e concerto  na Praza Roxa  ás 13 horas.

[/ct_column_third][ct_column_third_last]

O  1  de agosto, Festival de Coros Eixil e   Pequecoro no Auditorio ás 20 horas

[/ct_column_third_last]

 


Ao mellor tamén che interesa:

 

O verán chega inzado de propostas musicais

 

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: