off
Meio ambiente, Opinião, Política local — 20 Xuño, 2015 at 5:34 a.m.

Crónica dun encontro na primeira fase

by

O xoves 18 de xuño participei, convidado polo novo grupoOllaparo_concentración_auga2014-08-10 12.26.47 de goberno do Concello de Cedeira, nun encontro con Rafael Eimil, xefe de Demarcación de Costas de Galicia. Asistín convidado polo novo rexedor local, Pablo Moreda e o concelleiro de medioambiente Camilo Casal, xunto con Xosé A.Muiño concelleiro do mar. O tema a tratar, aínda que tiña súa centralidade na problemática da praia, foi abranguendo situacións máis complexas e amplas, e incluso tensas na conversa obrigados pola convicción e a procura da coherencia. Tamén de tirar proveito desta magnífica oportunidade pola persoas, asociacións e organizacións que representaba nese momento quer Somos Cedeira, quer BNG, tamén ADEGA.

Tamén quixen transmitir coa forza necesaria que debíamos apostar por outro modo de facer as cousas, promovendo un grupo de traballo multidisciplinar onde interveñan Concello, Portos, Costas, Confraría de Pescadores, expertos, e sociedade civil na procura de conseso do que hai que facer a través dun completo plan de estudo da complexidade da ria previo a calquer intervención

A xuntanza tivo lugar as dez da mañá no segundo andar das instalacións dun concello pletórico de actividade. Logo dos saúdos de rigor participei nunha conversa de algo máis dunha hora que para min resultaba fulcral, e así foi que logo de que o señor praiadamadalena-20150124-OLLAPARO_2Eimil debullara o mesmo esquema de traballo para o futuro inmediato que xa errou no pasado, un novo o deitado de area, a continuación do estacado até o final da praia e posíbel construción de contradique canalizando a chegada ao mar do Rio do Condomiñas, situacións todas elas rexeitábeis e rexeitadas, e longamente argumentadas e visíbeis nos espazos dixitais de Ollaparo, Somos Cedeira ou Adega ou no primeiro manifesto público da primeira concentración en defensa da “Praia, Ría e Reserva Mariña”porque deste xeito entendemos nós a sociedade civil organizada que defende o seu patrimonio natural e pretende unha sociedade do século no que vive e que se preocupa e protexe o seu entorno, e que lle esixe á administración que a coide e non ao contrario. Máis aínda logo do informe do Panel Intergubernamental do Cambio Climático 2013 (e que me custou tanto pronunciar) ou as advertencias da ONU no 2014 nos estados costeiros por aumento no nivel do mar e situacións meteorolóxicas complicadas.

Quixen recordar tanto ao xefe de Costas como ao grupo de goberno de progreso e galeguista que a Praia a Madalena ademais unha zona de baños estivais é un ecosistema e unha zona de especial protección que pertence tamén a unha reserva mariña acollida protocolos de protección, incluso a nivel europeo, e que as intervencións da última década e media saltáronse o principio de prevención, logo tamén de varias décadas de especulación e despropósito urbanístico, Tamén quixen transmitir coa forza necesaria que debíamos como primeira pegada dunha nova vía, promover un grupo de traballo multidisciplinar onde intervirán Concello, Portos, Costas, Confraría de Pescadores, expertos, e sociedade civil na procura de acadar conseso do que hai que facer a través dun completo plan de estudo da complexidade da ria previo a calquer intervención e acorde ao século no que vivimos e que servira de referente a un proceso de actuacións que dunha vez, en palabras de Camilo Casal “ataquen as causas e non as consecuencias”, e que tivo o consenso tanto do do grupo de goberno como tamén a aprobación de Rafael Eimil, feito que el mesmo animou a facer tanto un grupo de traballo local como a participar el mesmo, de organizarse logo do verán esa xornada xunto representantes de Portos, a Xunta, Concello de Cedeira, Confraría e sociedade civil.

Ollaparo_concentración_auga-20140810-WA0002Opúxenme en cada ocasión que ofreceu un novo deitado de area para este verán e foron varias ademais de lembrar que levamos xa un lustro cunha nota de INSUFICIENTE en calidade da auga da praia e polo tanto non apta para o baño por contaminación, e polo tanto tamén que a irresponsabilidade doutros gobernos de non facer información pública desta situación debe cambiar radicalmente, dar a información precisa, buscar as causas e procurar solucións.

Non tiven tempo a continuar coa visita á praia pois entraba de quenda de tarde no traballo… despedinme logo dunha tensa hora coa esperanza de que se acaben os deitados de area e se comece un rumbo novo nesta sen razón e dende logo moi agradecido a alcalde e grupo de goberno por darme esta oportunidade de debater con Rafalel Eimil logo do intenso activismo compartido a prol da recuperación, conservación e protección como ecosistema natural e produtivo de Praia, Ria e Reserva.

Ao mellor tamén che interesa:

O voluntariado cedeirense limpou a Praia da Madalena

Madalena, 22 de febreiro

A praia da Madalena non ten quen a queira

De que serviu a empalizada?

Primeiro temporal do ano e a praia da Madalena segue sen protección

O BNG de Cedeira pide unha intervención de contención na praia da Madalena

Vitoria para a praia da Madalena

Unha nova análise realizada en agosto revela a presenza de augas de orixe fecal no rio Condomiñas

Un manifesto en defensa da calidade da auga, do rio Condomiñas, da praia da Madalena e da ria de Cedeira

A alarmante mortaldade do berberecho na ria de Cedeira, Arousa e Pontevedra

3 Comments

  1. Antom Labranha

    Aínda considerando que a empalizada actuaría de contención para preservar as dunas, era obvio que os temporais habían levar a area coa que a agochaban. Parece que levaron máis da conta.
    Onde vai a area?
    Creo que acertas opóndote a novos deitados de area entrementres non saibamos que alteracións estaríamos provocando no conxunto da ría, no ecosistema marítimo.

    • Grazas Antom. Neste caso o criterio e argumentario non é meu, senón que común, froito de moitas conversas con outras persoas e colectivos. Eu só procurei que nesa oportunidade se escoitara.

      Estamos a vivir tempos de cambio. E nós ímolos ver

  2. Foi ás 10:30 da maña máis este detalle non altera o contido do encontro

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off