off
Cedeira, Política local — 26 Xuño, 2015 at 2:39 p.m.

A bandeira LGTB pendura no Concello de Cedeira co gallo do Día do Orgullo que se celebra esta fin de semana.

by

A bandeira LGTB pendura xa do balcón do Concello de Cedeira, fronte a praza da Laranxeira, como en Pontevedra, A Coruña, Ferrol ou Compostela, co gallo do Día do Orgullo Gai que se celebra esta fin de semana. A concelleira de cultura e primeira tenente de alcalde Maria Xosé Rodriguez e Tiano Labraña penduraron a bandeira este mediodia.

É a primeira vez que a colorida insignia gai  ondea na casa do Concello e estará pendurada até remataren os actos relacionados co dia do orgullo.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘slide'”]

28 de xuño

O Día do Orgullo Gai ten lugar o 28 de xuño e refírese a unha xornada na que se desenvolven accións reivindicativas da comunidade gai, que engloba a LGBT, a comunidade lésbica, o propio mundo gai, bisexual e transexual, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexuais e mais para facer denuncia das actitudes homofóbicas.

Hai vento mareiro en Cedeira. Que sexa verdadeiro axente de transporte, que polinice e  desprace  sementes. Que sexa anabático, que dende as zonas máis baixas ruba cara ás máis altas a medida que o sol quenta o relevo. Comezando por ser tamén un vento erosivo que nos libre das vellas inercias e fatigas.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off