off
Movementos sociais, Política — 30 Xuño, 2015 at 9:31 a.m.

Esta terza-feira entra en vigor a “lei mordaza”

by

Greenpeace desplega unha gran pancarta contra a lei de seguridade cidadá, a chamada ‘lei mordaza’, no Congreso


Tres activistas de Greenpeace desplegaron esta mañá unha pancarta de 32 metros qadrados nun guindastre situado a carón do Congreso dos Deputado contra a “lei mordaza”. Chamada así porque está pensada para silenciar con multas as voces contestatarias e críticas coa xestión do goberno diante da crise social, ambiental e económica, da corrupción sistémica e os recortes socias e fronte a privativación dos servizos públicos .

leimordaza_greenpeace

“Esta lei non ten xustificación, xa que non hai problemas de seguranza cidadá en España” declarou  Miguel Ángel Soto, portavoz de Greenpeace, nun comunicado

A reforma sinala directamente as formas de protesta pacífica de activistas anti-desafiuzamentos, concentracións sindicais e dos afectados polas preferentes que, malia non supor casos de perigo para a seguridade cidadá, tórnanse novas formas de infracción.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off