Greenpeace desplega unha gran pancarta contra a lei de seguridade cidadá, a chamada ‘lei mordaza’, no Congreso
Tres activistas de Greenpeace desplegaron esta mañá unha pancarta de 32 metros qadrados nun guindastre situado a carón do Congreso dos Deputado contra a “lei mordaza”. Chamada así porque está pensada para silenciar con multas as voces contestatarias e críticas coa xestión do goberno diante da crise social, ambiental e económica, da corrupción sistémica e os recortes socias e fronte a privativación dos servizos públicos .
“Esta lei non ten xustificación, xa que non hai problemas de seguranza cidadá en España” declarou Miguel Ángel Soto, portavoz de Greenpeace, nun comunicado
A reforma sinala directamente as formas de protesta pacífica de activistas anti-desafiuzamentos, concentracións sindicais e dos afectados polas preferentes que, malia non supor casos de perigo para a seguridade cidadá, tórnanse novas formas de infracción.