off
Economía, Europa, Globalização, Movementos sociais, Opinião, Política — 29 Xuño, 2015 at 7:24 a.m.

Grecia e o Minotauro, teoría e práctica

by

A sociedade é o produto das nosas necesidades; o goberno o das nosas debilidades
(Thomas Paine)

O importante non é tanto que formalmente Tsipras convocase un referendo para decidir sobre última oferta negociadora de Bruxelas, senón verdadeiramente decisivo é saber se facendo honra aos seus compromisos electorais Syriza botará toda a carne no asador apostando contra o ultimato das institucións. Porque a primeira percepción é que estamos ante unha monitorizada pequena liorta que cada vez lembra máis a aquilo de “OTAN, de entrada, non” con que o PSOE lexitimou nas urnas a permanencia de España na Alianza Militar Atlántica, desmentindo na práctica as súas promesas programáticas de saída si ou si.

Tras o pre-acordo in extremis entre Grecia e a Unión Europea xa sabemos que pode ser máis o que lles une que o que lles separa. E tamén que se pode escribir un best-seller denunciando a voracidade do capital financeiro internacional e logo, provisto coa gorra de ministro do goberno asediado polo Minotauro global, pór en dúbida o que se predicaba na cátedra e sobre o papel. Mais estes non son os únicos espantallos que achega o principio de entendemento alcanzado ao final da escapada polo premier grego Alexis Tsipras con Bruxelas, porque obxectivamente os negociadores gregos non deron dado a portada á oferta odiosa da Comisión Europea.

Ademais deberemos metabolizar o “negacionismo” dos seus compañeiros de viaxe na galaxia internacional ante semellante claudicación. A recado, e salvo as excepcións de rigor, suicídaa rectificación das liñas vermellas feita xa por Atenas non terá nos seus fervorosos seguidores a axeitada resposta crítica que permitiría aprender dos propios erros. Alén diso, anticipáronse a aplaudir a cota de renuncia de Syriza coma se nada pasase co entusiasmo bumerán de “darlles unha pancada no propio cu”. O contrario sería recoñecer o seu estrabismo político e “facer o xogo á dereita”.

O minotaurgoglobal
Capa do libro de Varoufakis publicado  por Bertrand Editora

Un deses desmemoriados sen complexos é o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, que chegou a oficiar de invitado estelar no peche da campaña electoral de Syriza a finais do pasado xaneiro. O eurodeputado español que instou a “asaltar os ceos” como divisa dun posicionamento rotundamente transformador buliu en cualificar de “bo acordo” o pacto-capitulación porque Tsipras cede moi pouco. Imita nisto ao autor do superventas “O Minotauro Global”, que mérito o enorme éxito de lograr renomear o termo “troika” como “as institucións”.

Pero o certo é que unha vez máis o retórico “non pasarán” pode quedar en auga de borrajas, por máis que á toa queiran facer ver que atan os cans con longaniza botando man dos medios de persuasión masiva, agora que a reaberta televisión pública grega pode xogar un papel decisivo como agit-prol da parte gobernamental. Atrás quedan as manobras de distracción e a pirotecnia fallera empregadas para escenificar un envurullo que garantise unha saída pola dereita tras amagar pola extrema esquerda. A recente publicación do informe do Comité da Verdade da Débeda avalando a súa falta de pagamento por ilexítima debe contabilizarse nesa andrómena de disuasión virtual. Sobre todo de termos en conta que una das primeiras medidas do executivo de Syriza ao tocar poder (sen consultar á xente) foi ignorar esa promesa electoral (como tamén fixo Podemos), correndo a pagar con dilixencia os vencimientos do “criminal” Fondo Monetario Internacional (FMI), deixando a súa proposta programática nunha simple “suxestión”.

O chocante do asunto é que para esa viaxe non se precisaba alforxe nin sobreactuación. Se desde o comezo Syriza tiver aceptado os seus acredores representados por “as institucións” e desbotando os desplantes do mediático Varoufakis, con certeza o parto tería sido menos doloroso. Neste cinco meses de mareante teatriño para pasto dos seus confiados votantes, Grecia desperdiciou un prometedor superávit primario (descontando o pago dos intereses); recaído na recesión e vendo evaporararense máis de 30.000 millóns de euros de depósitos bancarios. Á vez que as remesas do BCE para evitar a quebra da banca nacional acrescentaron a súa xa avultada débeda.

Iso no plano económico. Porque desde que Tsipras formou goberno co partido ultra e xenófobo ANE, entregándolle a carteira de Defensa (o maior segundo orzamento militar de Europa), Syriza foi derrapando en pedagoxía democrática. Chocante resultou que non se incluíse a ningunha muller no executivo, ainda que máis difícil de engolir nunha formación política que se publicita como “de esquerdas radical” foi quen de cohabitar cos seus inimigos ideolóxicos co fin de capitalizar o seu furibundo antieuropeismo perante “as institucións” ás que agora rende tributo. Certo que máis unha vez a esquerda autoritaria mundial, e a iberoamericana en particular, xustificaría a inxuria como unha xenial xogada de pragmatismo político. O mesmo “xesuitismo” vulgar que agora aconsellou ao tándem Tsipras-Varoufakis ir cedendo posicións ante a UE, e que induce ao “pablismo” a votar coa extrema dereita naqueles asuntos que implican á Rusia de Putin na Eurocámara.

De confirmarse que estamos ante unha claudicación teatralizada de Tsipras cun plebiscito con escusa, o feito terá graves e múltiples consecuencias. No plano interno, non se pode desbotar unha escisión dentro de Syriza entre falcóns e pombas. E no externo, posiblemente deixe orfos de sponsorización ideolóxica a algúns partidos emerxentes que, tras o fracaso do chavismo-madurismo, acariñaban a fórmula Syriza como un activo a imitar baixo o formato de “unidade popular”.

Aínda que os efectos máis duros caerán sobre aqueles sectores sociais castigados pola crise que idealizaron a aposta grega como punto de ruptura democrático fronte á barbarie financeira na eurozona. Estas xentes, mobilizadas na necesidade dunha alternativa eficaz ao Minotauro dominante, experimentarían unha derrota histórica vendo máis unha vez defraudadas as súas xustas expectativas por gobernos que asumen a representación política como un botín de guerra.

(Por certo, ao cumprirse o 30 aniversario da firma de adhesión de España á UE, convén lembrar que esa imposición supranacional con perda de soberanía foi un acto de decisionismo institucional: consumouse sen consultar previa e directamente ao pobo español).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off