off
Galiza, Movementos sociais, Política — 26 Xuño, 2015 at 4:31 p.m.

O BNG a favor dunha celebración unitaria do Día da Patria de todo o nacionalismo galego

by

O Bloque Nacionalista Galego vén de declarar que “partilla a proposta que agromou no tecido político, cultural e social do soberanismo( Vamos junt@s o 25 de julho?) instando a realizar unha mobilización unitaria do Día da Patria que sume a todo o nacionalismo, “organizado e non organizado”, en torno á defensa de Galiza como nación.

O Consello Nacional do BNG aprobou na última reunión “favorecer e sumarse a esa desexable celebración unitaria do próximo 25 de Xullo, incluíndo a posibilidade de modificar o tradicional formato do BNG nesa cita anual emblemática, que conclúe coa intervención política do máximo responsable da formación nacionalista na Praza da Quintana”.

One Comment

  1. Isto ten que ser un paso simbólico do que ten que vir por natureza propia. Xenerosidade e petar de galegxs de ben as rúas da nosa capital para logo tecer arañeiras para o que ten que vir, un grupo parlamentar propio e de 15 a 20 deputadxs en Madrid para comenzar a falar a serio. Vogando tod@s xunt@s con dirección e sentido común. Sexamos realistas pidamos o imposíbel

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off