off
Cinema, Música — 23 Xuño, 2015 at 8:39 a.m.

Morre James Horner, autor das bandas sonoras de Alien e Titanic

by

O compositor James Horner, autor de sobranceiras bandas sonoras, finou aos 61 anos nun accidente de avioneta ao sul de California, segundo informou ‘The Guardian’, entre outros medios. Compuxo tamén as músicas  de ‘Avatar’, ‘Braveheart’ e  ‘Unha mente maravillosa’. No percurso da súa carreira, Horner recebiu  10 nominacións aos Óscar e gañou dous pola banda sonora de ‘Titanic’ (1997) e polo tema orixinal deste filme, ‘My Heart Will Go On’, interpretado pola canadiana Céline Dion.


[youtube]https://youtu.be/wnPJRJbVEIg[/youtube]


Horner tamén acadou nominacions polas bandas sonoras de ‘Alien’, ‘Apollo 13’, “A Beautiful Mind“, ‘Avatar’, ‘Braveheart’, ‘Field of Dreams’ e ‘House of Sand and Fog’, ademáis do tema orixinal ‘Somewhere Out There’, do filme infantil ‘An American Tail’. Traballou, entre outros,  para George Lucas, Steven Spielberg, James Cameron, Oliver Stone e Ron Howard.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off