off
Movementos sociais, Traballo — 23 Xuño, 2015 at 6:52 a.m.

A Audiencia dá á razón a  Xesús Anxo López Pintos pola denuncia que o sindicalista presentou por malos tratos e vexacións

by

A Audiencia emite auto polo que dá á razón ao responsábel comarcal da CIG de Ferrol  Xesús Anxo López Pintos pola denuncia que o sindicalista presentou por malos tratos e vexacións


O auto emitido obriga  a esgotar a instrución para esclarecer como se produciu a detención e que aconteceu na comisaría. Segundo fontes da CiG, para Pintos o auto é óptimo ” xa que suporá iniciar unha investigación sobre a denuncia que presentou por presunto delito de torturas contra un policía, ao que acusa de golpealo en reiteradas ocasións, ameazalo e humillalo mentres permaneceu detido -e incomunicado- na comisaría”. Agresións que tamén sufriu no momento da súa detención.

O auto deslexitima e pon en causa as pretensións do xulgado de instrución ferrolá de arquivar a denuncia de Pintos sen ter esgotado primeiro todas as dilixencias e pesquisas acaídas e considerar apenas a denuncia presentada pola policía contra do sindicalista cedeirense por suposto delito de atentado, altercados públicos e delito eleitoral.

Cómpre recordar que nas conclusións provisionais, a Fiscalía non referenciou á carga policial que na altura foi cualificada como “brutal” por parte das organizacións sindicais, nin tampouco a como se produciu a detención de López Pintos e a denuncia que este presentou por torturas e malos tratos na propia comisaría.

Logo de coñecer o auto, Pintos sinalou  que “ambas denuncias van unidas e non se pode xulgar un tema sen o outro. Ademais, que se investiguen as torturas e agresións que sufrín é a vía que teño para me defender e de que se garanta ao meu dereito á tutela xudicial efectiva”.

Neste senso, hai que destacar que a propia Fiscalía logo de emitir as súas “conclusións provisionais”, solicitou que se tramitara o caso como procedemento abreviado, pretensións que quedaron en suspenso tras o recurso de reforma e subsidiario de apelación presentado por Pintos contra o auto de sobresemento provisional da denuncia por torturas e vexacións.

Na altura, a Fiscalía pedira penas de 2 anos e 9 meses de cadea, con inhabilitación especial para exercicio de dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena por un delito de atentado e falta de lesións; 20 días de multa, con 7€ diarios, e unha indemnización de 840€ por lesións a un axente de policía.

 

Ao mellor tamén che interesa:

A Fiscalía pide 2 anos e 9 meses de cadea para Pintos

Carta do BNG de Cedeira en apoio a Pintos

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off