off

A CiG e a Mesa lanzan unha campaña a prol da atención telefónica en galego

by

A CIG-Centros de Chamadas e máis da Mesa pola Normalización Lingüística  veñen de lanzar un spot en prol da atención telefónica en galego.  Velaí o caso da Axencia Tributaria  que malia reiteradas denuncias seguen sen dispor de impresos en galego.

“Centos de persoas queixáronse de que ao premeren a opción galego no atendedor da Axencia Tributaria non obtiñan resposta, permanecían agardando, ou directamente saía alguén sen posibilidade de dar atención en galego”.

Mais un caso de discriminación é o de Movistar negándolle a atención a unha clienta por falar galego.Esta situación vulnera claramente a lexislación vixente sobre os dereitos lingüísticos da cidadanía. Segundo fontes consultadas, a Mesa dirixiuse a Movistar para denunciar estes feitos e exixir que cumpra a lexislación e se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía galega.

Segundo declarou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “este tipo de actitudes por parte das empresas que ofrecen servizos de atención teléfonica á súa clientela, están ademais a repercutir gravemente na economía galega”.

Hogano, o sector da teleatención ocupa agora mesmo a cerca de 5000 persoas en Galiza, só entre o ano 2010 e 2012 (último ano do que se dispoñen datos), 2040 persoas perderon o seu emprego vítimas da deslocalización, á que contribúe o feito de só 5% destas empresas ofertaren opción de atención en galego.

 

 

[youtube]https://youtu.be/ergpziubDGw[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off