off
Ciencia, Galiza — 9 Xuño, 2015 at 1:08 p.m.

O desigual posicionamento das universidades galegas no novo ranquing

by

O ranquing do 2015, presentado en Madrid, achega un total de 60 universidades, 560 titulacions  7 áreas de coñecemento, deixa as universidades galegas cun desigual  posicionamento en aspectos como fontes externas de investigación, Publicacions de PDI-ETC, imaxe normalizada, publicacións altamente citadas e  publicacions interdisciplinarias, como se pode comprobar en www.rankingcyd.org.

Se ben as tres aparecen no índice  de Producción científica total das universidades españolas (2008-2012), que recolle aquelas universidades con máis de 100 documentos en 2012 en Scopus (contén máis de 53 millóns de rexistros, procedentes de 21.912 revistas científicas de todos os campos),  en áreas como  Ciencias da Terra e Planetarias ningunha delas acada ese índice e a de de Compostela non aparece no de Enxeñeria (2008-2012). Porén tanto a de Compostela como a de Vigo teñen  un bo posicionamento en Ciencias do Medio Ambiente. De feito, neste área, a de Composte ten o  % de excelencia con liderado* máis alto, superando á Autónoma de Barcelona ou a Complutense de Madrid. Pola súa banda, a Universidade de Vigo acada o mellor % de excelencia con liderado en Ciencias dos Materiais, a grande distancia do resto no total español cos mellores  valores de citación normalizada, e en Física  Astronomía. Aliás, no eido das Ciencias Sociais, ningunha das tres universidades galegas parece no ranquing.

Segundo as conclusións do informe, mália que a porcentaxe da producción española con respecto á mundial pasou do 2,28% en 2000 ao 3,15% en 2012, o que supón un crescimento superior ao 38%, a situación non é tan optimista xa que .”as fortalezas están distribuidas desigualmente entre as universidades españolas, o que  agás excepcións, teñen o desafío de que para destacar na competencia internacional, é preciso especializarse e afortalar as fortalezas e abandonar as prácticas que pretenden destacar en todos os eidos á vez, o que está ao alcance de moi poucas institucións”. O que fica en evidencia de analisarmos as taxas  crescimiento do  liderado e  da excelencia científica españolas como subcoxuntos da producción total e que co paso do tempo hai un devablo de liderado, quer dicer, que a  porcentaxe de producción en que os investigadores aparecen como primeiros autores e  responsables da correspondencia sofre un descenso.

Entre os paises emerxente salientar que Indonesia, India e Brasil duplican a súa producción así como Portugal e Luxemburgo entre os paises de tamaño mediano.

Concentración da producción científica

En catro territorios: Madrid (26,25%), Cataluña (26,16%), Andalucía (15,83%) e  a Comunitat Valenciana (11,77%). De ponderarse por poboación, a producción debrúzase entre os 32,79 documentos por 10.000 habitantes de Madrid e os 10,75 de La Rioja. Porén, cómpre suliñar que neste período  foi Cataluña quen medrou máis rápido que Madrid tanto en termos de publicacións absolutas, como cando se normalizan de acordo coa poboación.

Galiza estaría en quinta posición co 5,94% de porcentaxe de documentos, mas  esa porcentaxe de calidade media da producción científica non lle permite superar o índice de impacto medio do mundo. As tres acadan baixo rendemento de atracción estatal dos seus graus e masters. As  Universidades de Compostela e Vigo acadan os mellores resultados en grupos de rendimento  intermedio e alto en taxa de graduación(Master) e en mobilidade de estudantes. Porén,  so as de Vigo e da Coruña deitan datos que permitan valorar o grupo de rendimento en prácticas en empresas da contorna.

A USC non ofrece datos da súa cota de atracción de fondos externos de investigación.Tanto a de Vigo e  a Coruña Vigo ofrecen grupos de intermedio e alto rendeimento respectivamente.

 

 


 % de excelencia con liderado: a excelencia dun traballo cientifico vén determinada segundo este ranquing pola súa pertenza ao conxunto do documentos que fan o 10% dos que máis citacóns recebiron na súa categoría temática no  Scopus ano após ano.. Representa o coñemento mellor valorado pola comunidade científica atribuirlle con propiedade ao dominio en cuestión e o seu valor, portanto, atribúeselle a que é o coñecemento máis usado no desenvolvemento de novo coñecemento.

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: