off
Galiza, Meio ambiente — 6 Xuño, 2015 at 6:30 a.m.

O quecemento global non desacelerou de acordo cun novo estudo realizado por NOAA

by

O informe rectifica o último documento do  Grupo Intergobernamental sobre a Mudanza do Clima, que confirmaba un retardo durante os derradeiros 15 anos. Os resultados non suportan a noción dunha “desaceleración” no aumento da temperatura da superfície global.


Ollaparo_Ria_calma_galerna_2013-10-27 18.37.35Segundo un estudo publicado na revista Science  que fornece novos dados que refutan que o aquecimento global ten retardado ou mesmo parado no início do século. Coa adición de dados de temperatura da superfície dos últimos dous anos e mellorados os bancos de dados anteriores, os cientistas da NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration) concluiran que non hai case nengunha diferenza entre a tendencia de aumento da temperatura global que ocorreu nas últimas décadas do século XX e nos derradeiros 15 anos.

Os cépticos sobre as mudanzas climática dicen que desde 1998 o aquecimento global ten parado, e até mesmo recentes relatórios do Painel Intergovernamental sobre Mudanzas Climáticas(IPCC) recoñeceu no ano pasado que a tendencia de aquecimento global fora moito mais pronunciada na segunda metade do século XX, no início do século. No período entre 1998 e 2012, detectara unha desaceleración no aumento da temperatura global, chamado ‘hiatus’.

Agora ese novo estudo di que non houbo esa desaceleración. Un dos pontos que ten erros anteriormente inducidos nos cálculos seria obtido a partir de medicións do mar. Antes de 1970, estas medidas foran tomadas, principalmente, con barcos, mas nos últimos anos a crescente introdución de bóias mudou a maneira de obter eses dados. Cientistas da NOAA din que unha das melloras destes novos cálculos foi padronizar estes dous tipos de dados, xa que moitas veces as medidas tomadas en barcos deran valores moito mais elevados.

Alén diso,  precisamente no informe “A variabilidade natural do clima en Galicia”  con dados até 2004 xa falaba do aumento da temperatura media anual galega en 1,46 ºC de media no período 1973-2004. Un aumento de temperatura que foi maior nas cidades do interior que nas costeiras desde 1950. Se ben a magnitude da precipitación anual non mudara, as tendencias apuntadas na análise estacional – descenso significativo observado en febreiro – suxerian a posibilidade dun cambio na distribución da precipitación ao longo do ano

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off