off
Galiza, Normalización lingüística — 14 Maio, 2015 at 5:09 p.m.

Os departamentos de Galego-Portugués das tres universidades fan unha declaración conxunta sobre o futuro da lingua e da cultura galegas

by

Os departamentos de Galego-Portugués, Francés e Lingüística (Universidade da Coruña), Filoloxía Galega (Universidade de Santiago de Compostela) e Filoloxía Galega e Latina (Universidade de Vigo) acordan unha Declaración conxunta sobre o futuro da lingua e da cultura galegas:Descargar declaración conxunta

A Declaración lembra que o día 11 de xuño de 2009 os tres Departamentos aprobaran cadansúa carta pública dirixida ao presidente da Xunta, na que amosaran a súa fonda preocupación perante as actuacións que na altura a Xunta iniciara  contra do proceso de normalización da lingua galega que, por primeira vez desde a recuperación da democracia, estaban encamiñadas a desprotexela, nomeadamente na función pública e no ensino.

Entrevista en Radiofusión ao Director do Dpto. de Filoloxía Galega da USC

Entrevista no Atlántico ao Director do Dpto. de Filoloxía Galega e Latina da UVigo

Entrevista en La Opinión ao Director do Dpto. de de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UdC

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off