off
Eleccións 24-M 2015, Opinião, Política local — 27 Maio, 2015 at 4:09 p.m.

Cedeira democrática

by

Ollaparo_plenocedeiraImaxinan os veciños da vila poder elixir o seu alcalde, de entre varios candidatos presentados en candidaturas eles sós, sen concelleiros, sen listas, a dobre volta e por maioría de todos os electores de Cedeira?

Imaxinan poder elixir, por separado do alcalde, a todo-los concelleiros do concello, por distritos, en candidaturas dun concelleiro por distrito, a dobre volta e por maioría dos electores dese distrito? Un concelleiro elixido en San Andrés, outro en San Isidro, outro do Floreal, outro… e así até representar a todo o concello?

Imaxinan un concello de Cedeira cun poder executivo claro, o alcalde, e un poder de representación e control do pleno no que os concelleiros representen os seus distritos electorais e os seus veciños?

Facendo así as cousas, o alcalde tería o seu favor a maioría de todos os cedeireses para gobernar e dirixir a xestión administrativa e política do concello, e o pleno tería a importantísima función de ser un órgano de control plenario e de representación dos barrios ou distritos. Os concelleiros de distrito terían o seu favor a maioría dos electores de cada barrio para ser representados.Os concelleiros que formaran o pleno non forman parte de listas, no están obrigados á disciplina de voto nin mandato imperativo do partido. Os concelleiros de distrito débense os veciños do seu barrio e estarán concernidos e obrigados po lo comprometido aos seus votantes na campaña electoral en virtude da cal foron elixidos.

Dous poderes que se vixían un o outro, dous poderes que se miran con verdadeiro receo, dous poderes constituídos polos cedeireses, dous poderes que teñen que render contas aos seus electores, e que teñen que renderse contas entre si

Estes concelleiros de distrito, tamén chamados de barrio, terán toda a autoridade política necesaria para súa nobre función democrática. Terán por tanto acceso a toda clase de documentación que lles será facilitada o instante de pedila; terán a máis absoluta liberdade de movemento en todasas dependencias e negociados municipais; disporán de despachos. As minorías terán garantido ser maioría nas comisión de control.

Dous poderes que se vixían un o outro, dous poderes que se miran con verdadeiro receo, dous poderes constituídos polos cedeireses, dous poderes que teñen que render contas aos seus electores, e que teñen que renderse contas entre si; todo o contrario do que ocorre agora, onde quen ten ó poder da alcaldía, teno todo. Fai e desfai ó seu antollo, quita e pon de aquí, e de alá; sempre ten maioría do pleno o seu favor. Non ten nunca quen o controle eficazmente porque as minorías están sempre atadas de mans por leis e regulamentos antidemocráticos. As comisión de control son súas sempre, prohiben os funcionarios dar documentacións ás minorías, contratan a dedo, crean prazas para amigos e coñecidos, outorgan contratas a dedo… Onde imos así…?

Ben sei que isto é imposible hoxe, habería que cambiar a lei electoral, a lei de bases de réxime local e o regulamento interno dos concellos, pero onde quero chegar é a tristeza enorme que produce ver a un pobo enfrontado sen necesidade por culpa dun sistema electoral ruín e antidemocrático. Uns eufóricos, e outros tantos desolados —cando non indignados— sen necesidade e o punto de non poder falar entre veciños de política sen agresividade. Pasando por alto este tipo de conversas, fuxindo do tema, ou con toda a hipocrisía posible para non ter problemas. Veciños organizados en grupos ideolóxicos, pertenza ó grupo cada vez máis e máis reforzada. Cada día máis e máis convencidos de que o problema é que os outros se equivocan de partido o votar.

Case ninguén mira o sistema, o modo de organizarnos e administrarnos; é como se fora lei do universo que tivera que ser así. Que o que entra ten que ter unha ditadura de catro anos, e que a democracia é ir cambiando de ditador, ou buscar un ditador bo e honrado para nos botar nos seus brazos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off