off
Eleccións 24-M 2015 — 24 Maio, 2015 at 6:57 p.m.

Radio Coruña-Cadena Ser publica unha enquisa a pé de urna, que lle outorga a vitoria ao PP, con 11 concelleiros, lonxe da maioría absoluta

by
Radio Coruña prevé unha vitoria insuficiente de Negreira, ainda que outorgar concelleiros con estas mostraxes é arriscado. 

 

Nin nin sumando o edil que obtería Ciudadanos lle daría para a maioría absoluta. Marea Atlántica tería entre 6 e 8, por diante do PSdeG-PSOE (5-6) e BNG (1-2)

En Ferrol, o PP manteríase como forza máis votada segundo unha inquérito da CRTVG a pé de urna e habería posibilidade dunha coalición de esquerdas. Ferrol en Común, acadaría entre 5 e 6 edís, os socialistas entre 5 e 6 edís e o BNG, 2 ou 3.

Tamén segundo a enquisa de CRTVG, en Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores mantería a alcaldía e medrando en concelleiros se ben precisaría dun acordo co PSdeG ou a Marea para gobernar. O BNG obtería entre 11 e 13 concelleiros, mentres que o PP obtería entre 8 e 9. O PSdeG acadaría entre 1 e 2.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: