off
Cedeira, Eleccións 24-M 2015, Política local — 24 Maio, 2015 at 9:08 a.m.

Os colexios electorais abriron as portas en Cedeira ….facemos seguimento da xornada

by

9:00A xornada electoral cedeirense comezou con normalidade e sen incidentes. Ollaparo fará seguimento de duas mesas, unha en Cedeira, na mesa 3B do colexio electoral dos Escolares novos e a  Mesa 4C no colexio electoral de Esteiro.

[wzslider autoplay=”true”]

12:00 .Contra do mediodía nalgunhas mesas votou o 14%, noutras, como nos Escolares vellos o 12%.

12:16. Detense a votación nunha mesa electoral de Esteiro até novo aviso

Escola de Saá.Esteiro-Cedeira
Escola de Saá.Esteiro-Cedeira

12:20 Na mesa 3B (escolares novos) van 130 votos

Mesa 3B Escolares novos de Cedeira
Mesa 3B Escolares novos de Cedeira

12:22. Na mesa electoral de Esteiro xa se pode volver a votar.

12:36.Sorprende o coñecemento do censo que teñen algunhas interventoras

13:28. Mesa 3B Escolares novos,214 emitidos de 775

13.41. Por veces semellan as festas da Patrona, xente que  non se vira, por aquí anda

IMG-20150524NicolásdelRio
Escola Nicolás del Rio

 14:13. Continua a xornada sen incidentes.Na mesa de referencia que estamos a facer maior seguimento levan votados 230 de 731. Hai quen aproveita para ir xantar.

16:72. Na mesa 3B dos Escolares Novos non se chega ao 50% (343 de 775), o 44.25%

16:52.Mesa 2A (388 de 807),48,079%

17.01.Esteiro mesa 4C (205 de 454), 45%

18:00. Porcentaxe de participación en Cedeira: 52,42%

18:30.Esteiro Mesa 4C (243 de 454), 53%

18:39. Mesa 3B dos Escolares Novos (427 de 775), 55,09%

19:38. Mesa 3B dos Escolares Novos (475 de 775), 61,29%

20:00.Esteiro Mesa 4C (277 de 454),61%

20:20.Esteiro Mesa 4C (292 de 454), 64%

20:37.Mesa 3B dos Escolares Novos (500 de 775) 64,51%

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: