off
Eleccións 24-M 2015, Política local — 17 Maio, 2015 at 07:01

Maria Xosé Rodríguez (BNG): “O único que é innovación na campaña do PP é pedir o voto no medio dunha festa, aproveitandose de quen a organiza e quen a quere disfrutar”

por
María Xosé Rodriguez, candidata do BNG á alcaldía de Cedeira

María Xosé Rodriguez, candidata do BNG á alcaldía de Cedeira

O BNG de Cedeira vén de emitir un breve comunicado  no que cuestiona unha por unha as promesas eleitorais do PP denunciando o que a candidata María Xosé Rodriguez define como “copia e pega” de promesas incumpridas .

No texto publicado no web da frente da esquerda nacionalista, vaise dando conta nun estilo retranqueiro e breve as promesas incumpridas do PP: do transporte público ao centro de saúde, da estación de depuración de augas EDAR ao plan de emprego municipal, “todas e todos os veciños deste pobo coñecemos en que consisten os plans de emprego municipais do PP, verdade? Canto traballo levan contratado coas empresas da vila?” pregúntanse.

Outra das promesas centrais do programa do Partido Popular é a creación dunha piscina climatizada de 25m.  Expertos en administración local levan tempo cuestionando a viabilidade económica en vilas de menos de 20000 habitantes mas o PP teima en presentar cada ano un proxecto  sen nos dicir como pensa financiar e manter Rubido unha piscina climatizada de 25m. Porén, as  pistas de padel continuan ao descuberto. Tirando outra vez da retranca, o comunicado afirma:

“O único que supón unha innovación na campaña electoral do PP é pedir o voto dende un palco no medio dunha festa, intentando aproveitarse do traballo de quen a organiza e das persoas que a queren disfrutar”

O BNG tamén destaca unha reportaxe publicada no Ollaparo para suliñar que “medo nos debía dar, pensar en quen parece que a empresa que a vai facer (o porto deportivo), está vinculada a un antigo cargo do PP da Rioja condenado en firme por prevaricación.

Para o BNG que o PP fixera un “copia e pega”  do seu propio programa é unha prova do que non fixeron polo desenvolvemento local, adicando recursos en obras que non era de primeira necesidade e esquecendo ano tras ano a rede de sumidoiros das parroquias (“só se acordan de que existen en campaña electoral”) ou das asociacións e súa participación o uso e xestión dos espazos e equipamentos públicos.


Ao mellor tamén che interesa:

A empresa favorecida co porto deportivo de Cedeira está vencellada a un exalcalde do PP condenado por prevaricación 

Abrollan proxectos de obras e adxudicacións en periodo de precampaña das eleccións municipais

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: