off
Música, Obituário — 15 Maio, 2015 at 8:07 a.m.

Morre B.B King

by

O sobranceiro guitarrista tiña 89 anos. Entre as súas composicións máis coñecidas cómpre destacar  ‘The thrill is gone’, ‘You know I love you’, ‘Woke up this morning’ e ‘Please love me’.


bbkingRiley B. King, coñecido como B. B. King, comezou a rexistrar temas a finais dos anos corenta. Chegou a publicar cincoenta albums. Fillo dunha  família de arrendatarios  de Itta Bena (Mississipí), comezou a facer carreira  como ‘disc-jockey’ en Memphis contra dos anos 40, onde foi benzoado como “the Beale Street Blues Boy”, alcume que logo quedou en “B.B.”,iniciais que acabaron precedendo o seu apelido. Mesturou jazz,  swing, pop e jump nun son único que alternaba coa voz e a súa guitarra  Lucille

Nos anos 50   B.B. King converteuse no grande talento da música R&B con sucesos como  ‘You know I love you’, ‘Woke up this morning’, ‘Please love me’ ou ‘When my heart beats like a hammer’.

A sua estrea discográficia chegou con  ‘Singin’ the blues’ en 1957, mas o maior suceso chegou en 1969 co single ‘The thrill is gone’. Divorciado da súa segunda muller, Sue Carol Hall, debido ao ritmo dunha carreira que dende os anoss 50 e  até pasados os oitenta anos, acumulaba  máis  250 concertos por ano, ainda que tivo tempo para ter 15 fillos e 50 netos.

 

A súa pegada na musica foi recoñecida ben axiña ainda que foi con ‘Deuces wild’ (1997) o traballo co que diversos músicos do pop e do rock partillaron música e protagonismo con King:  Rolling Stones, Van Morrison, Elton John,  Dionne Warwick, Bonnie Raitt, Tracy Chapman e Eric Clapton….

Con ‘Riding with the king’ (2000), gañou o Grammy ao mellor disco de blus do ano. Aos 80 anos, con ‘B.B. King & Friends: 80’ (2008), volveu arrodearse de músicos como  Mark Knopfler, Sheryl Crow, Gloria Estefan e , mais unha vez, Eric Clapton e  Elton John. A revista  ‘Rolling Stone’ considerouno o terceiro dos mellores 100 guitarristas, por detrás de  Jimi Hendrix e  Duane Allman. Foi primeiro bluesman que actuou na Unión Soviética en l 1979.


 Ao mellor tamén che interesa:

Escolma sobranceira de B.B.King

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off