Os departamentos de Galego-Portugués, Francés e Lingüística (Universidade da Coruña), Filoloxía Galega (Universidade de Santiago de Compostela) e Filoloxía Galega e Latina (Universidade de Vigo) acordan unha Declaración conxunta sobre o futuro da lingua e da cultura galegas:Descargar declaración conxunta
A Declaración lembra que o día 11 de xuño de 2009 os tres Departamentos aprobaran cadansúa carta pública dirixida ao presidente da Xunta, na que amosaran a súa fonda preocupación perante as actuacións que na altura a Xunta iniciara contra do proceso de normalización da lingua galega que, por primeira vez desde a recuperación da democracia, estaban encamiñadas a desprotexela, nomeadamente na función pública e no ensino.
Entrevista en Radiofusión ao Director do Dpto. de Filoloxía Galega da USC
Entrevista no Atlántico ao Director do Dpto. de Filoloxía Galega e Latina da UVigo
Entrevista en La Opinión ao Director do Dpto. de de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UdC