off
Eleccións 24-M 2015, Política local, Saúde — 14 Maio, 2015 at 11:22

Abrollan proxectos de obras e adxudicacións en periodo de precampaña das eleccións municipais

por

Mentres Rubido anuncia que en xuño haberá pediatra, xusto despois das eleccions, o Colexio Oficial de Médicos da Coruña e a AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria) denuncian que as substitucións e as ausencias do persoal fixo realizada  pola Xerencia da Área Sanitaria   “totalmente irregular e contradí o reflexado no pacto de contratación vixente, abusando de bloqueos de axenda, intersubstitucións dentro do propio centro e prolongacións de xornada”.


Diario de Ferrol informa hoxe que a Xerencia da Área Sanitaria comunicou a Rubido que a partires do mes de xuño o Centro de Saúde  de Cedeira disporá dun especialista en Pediatria. A Xerencia da Área Sanitaria entra así na campaña electoral do PP da man o alcalde en funcións Luis Rubido. O mellor vén a continuación: “Así se lo confirmaron ayer fuentes de la Xerencia del Área Sanitaria al regidor cedeirés, Luis Rubido, quien solicitó información al mencionado organismo para conocer las previsiones de cara a contar con esta figura profesional en la villa. Como se recordará, desde hace un tiempo, y de forma provisional, es una médica de medicina general la encargada de prestar la atención en pediatría.”

A urxencia electoral fai do normal algo extraordinario. A súa eficacia debruza na fraxilidade da memoria (…no “desde hai un tempo”) e na perda de referentes sobre o que é ou non é prioritario. A memoria é o menos compartido do mundo.

Todo o que determina que cada dia que pasa haxa máis desigualdade sen que as administracións empreguen os recursos de que dispoñen para atallar un proceso de debalo  que ten a súa mellor aliada na desmemoria. En como se gastaron os cartos ou se asignaron as prioridades da politica de fondo até determinar o que hoxe somos. Aquilo que tanto pode servir para ir transformando a realidade cara algo que mereza a pena ou ben, esquecido o que é fundamental, abocarnos á repetición de erros e a redución da política a unha simples ringleira de cifras.

Coa precariedade laboral dos médicos substitutos, foméntase o deterioro do sistema público de saúde, provocando o aumento do número de consultas en urxencias.

Porén, ainda sabéndose que non se pode facer publicidade institucional seguno a lei eleitoral, hai mecanismos para tirar da manga eses proxectos e canear a ambigua “administración ordinaria” á que están sometidos no período en funcións. Só se precisa que os medios afíns fagan o traballo de divulgar notas de prensa sen mediar pregunta ou cuestionar nada. O que pasa é que hai propostas que non gozan dos privilexios do PP, do PSOE ou de Podemos  para sair na tele e na prensa, permitindo contrastar a enxurrada de comunicados dos gabinetes de prensa.

Luis Rubido debeu estar tan ocupado durante a lexislatura atendendo os traslados e enviando comunicados de prensa para nos iluminar coa luzada de cartos que lle choven da deputación para adicalos a intervencións non productivas que só atopou  tempo  agora, en plena campaña electoral,  para anunciar que  haberá pediatra. Un dia destes Rubido anunciará que en xullo e agosto haberá praia. E inaugurará a  Madalena entalada no noiro. De actuar con dilixencia perante a falta de atención en pediatría durante meses, cecais o servizo de pediatría levaría tempo restituido e a praia contaría cun sistema de protección acaído e estaría iniciado un estudo de protección e rexeneración en profundidade.

Un dia destes Rubido anunciará que en xullo e agosto haberá praia. E inaugurará a  Madalena entalada no noiro.

Debeu ser que estivo tan ocupado nas políticas de fondo, as da austeridade consumada do PP con externalizacións e recortes, que non tivo tempo para atender as preguntas de control da oposición ou respostar a fácil entrevista que lle propuxo Ollaparo xunto ao resto de candidaturas para que nos explicase o seu programa de goberno. O doado é enviar comunidados que a prensa publica sen cuestionar e falar en formato mitin para os convencidos. Non hai que aceptar preguntas. Ainda así tivo tempo para recebir ao apoderado dunha empresa con dubidoso perigrí prevaricador.

Mais velaí que a realidade é prolífica e fecundante, nomeadamente, cando as presas eleitoriais obrigan.  Acaso non merecen a nosa atención o catastrazo e a suba do IBI,  os contactos cunha empresa adxudicataria do porto deportivo vinculada a un alcalde sentenciado en firme por un delito de prevaricación,  a enxeñaria de trasladar o local de maiores a un baixo privado( con costos evidentes de alugueiro e con costos no espazo público infrautilizado) ou como é que se veñen de adxudicar  52.000 euros de subvención da deputación na urbanización dun novo vial e outros tantos no acceso ao porto en plena campaña electoral?

Disque en xuño haberá substituto que cubra un servizo de pediatria que ainda non ten a praza adxudicada. Benvid@ sexa.

PD. 13 de Maio. A Xunta adxudica através da Consellería de Presidencia novos equipamentos. Ares conseguirá una embarcación de más de 5,20 metros e  un furgón; Fene; Narón; Pontedeume; As Pontes; Cedeira, un remolque de emerxenciase e outro con toldo presurizado. A comarca é unha festa !!

Por certo, para cando  unha idea partillada das cousas mínimas que se teñen que negociar?

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: