off
Eleccións 24-M 2015, Movementos sociais, Política local — 11 Maio, 2015 at 11:45 a.m.

A candidatura do BNG ao concello de Cedeira contou co apoio do parlamentario Francisco Jorquera

by

bng_cedeira_auditorio10maio2015Nun acto público celebrado o domingo 10 de maio no Auditorio de Cedeira,  Francisco Jorquera apoiou á candidata á alcaldía de Cedeira Maria Xosé Rodríguez acompañados dunhas 70 persoas. O tamén candidato, Antonio López “Stili” presentou a Jorquera e a Rodríguez suliñando o debalo dos últimos anos en dereitos sociais básicos como a educación e, nomeadamente, o acceso á superior, aos estudos universitarios. Unha desfeita que só pode ser corrixida por quen non é cómplice das políticas de austeridade ou se adica a privatizar servizos públicos, é dicir, precisou, “quen presenta un inequívoco código ético e unha capacidade de compromiso co pais e coas clases traballadores, non de agora, se non dende hai trinta anos, dende a oposición e, cando puido, gobernando”. No curso da súa intervención destacou que Jorquera foi exemplo desa adicación e traballo cando foi deputado no Congreso dos Deputados. Antes de darlles a palabra, Lopez rematou a súa intervención afirmando que  “a política non pode serguir sendo o goberno dos asuntos privados para o ben duns poucos”.

O portavoz nacional do BNG Francisco Jorquera pediu “un concello de Cedeira aberto e transparente, que dé impulso á partipación dos veciños e veciñas e asín conseguir que sexa un concello para vivir e traballar. Un concello que esté do lado do pobo e que teña claras as prioridades”

Na súa quenda, María Xosé Rodríguez, número un da candidatura do BNG, debullou paseniño o traballo realizado nos catros anos á frente da oposición, liderando a defensa dos servizos públicos fronte a deriva privatizadora do PP. Destacou que fronte a política errante do PP trasladando o centro de maiores a un local privado de alugueiro, aprobando partidas orzamentarias non productivas ou o catastrazo, o BNG tentou achegar racionalidade poñendo sobre a mesa as prioridades reales da cidadanía nun contexto crise que está a deixar sen futuro a xeracións enteiras de mozos e mozas. Unha das nosas prioridades será tirar adiante un plano de emerxencia social, afirmou.

María Xosé Rodríguez destacou que fronte a política errante do PP, o BNG tentou achegar racionalidade poñendo sobre a mesa as prioridades reales da cidadanía nun contexto de crise que está a deixar sen futuro a xeracións enteiras de mozos e mozas.

A seguir, debullou algunhas das ideas nas que alicerza o seu programa de goberno, que será disbribuido  nos vindeiros días  xunto a un código ético e que foi elaborado incorporando a bagaxe destes catros de oposición e coas achegas dos veciños e veciñas nas Asembleas Abertas.

Respecto ao modo de facer de Rubido- que asumiu a alcaldía logo da renuncia do seu irman Leopoldo-  denunciou o desleixo do grupo de goberno de Luis Rubido xa que ” adoitaban atoparse con concelleiros e concelleiras do PP que se presentaban nos plenos municipais sen coñecer a orde do dia e en consecuencia sen poder dar respostas aos temas que  nós levabamos preparados ou que trasladabamos da sociedade civil ( Somos Cedeira, Buxainas, etc)”

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: