off
Cedeira, Meio ambiente, Política local — 6 Maio, 2015 at 10:02 a.m.

A empresa favorecida co porto deportivo de Cedeira está vencellada a un exalcalde do PP condenado por prevaricación 

by
Nun intre no que a cidadanía acredita que o poder político é refén do económico, o Concello de Cedeira pon os recursos públicos ao servizo da empresa dun antigo cargo do PP condenado por prevaricación

Ribera del Oja e o porto deportivo de Cedeira 

Hai un mes, o pasado 25 de marzo, o alcalde de Cedeira Luís Rubido revelaba que as negociacións co grupo Ribera de Oja comezaran a primavera pasada, reuníndose con Portos de Galicia en agosto. O alcalde desvelaba no xornal La Voz que «nestes meses teñen conseguido os avais que Portos establecera como condición para reactivar o proxecto. O investimento elevaríase a cinco millóns de euros».

A empresa riojana Ribera del Oja Mercantil tivo como co-administrador ao alcalde de Santurde  Jesús Montoya (PP), quen foi inhabilitado por un  delito contra a Administración Pública  segundo consta na denuncia do fiscal xefe de La Rioja Juan Calparsoro. Segundo fontes consultadas, ‘Ribera del Oja Mercantil’ mercou unha parcela, sendo ainda dotacional privada no ano 2004 . A empresa disque foi creada “especialmente para o caso, “sen que aparecera nela o nome do alcalde”;  ao pouco, “reorganizouse e entón apareceu como co-administrador”. Logo de terse formalizado no rexistro esa implicación na empresa do alcalde, votouse nun pleno a recalificación das leiras urbanizables, “unha votación na que votou Montoya, ainda sabendo que estaba implicado e que ía ter un benefício”. A sentenza considerou feitos probados, cando no pleno municipal tanto o alcalde como os seus concelleiros do PP votaron “unánimemente a recalificación dos terreos” rústicos urbanizables  nunha parcela de case 7.300 mpropiedade da empresa Ribera del Oja Mercantil, da que era co-administrador.

Os negocios privados do PP

Jesús Montoya Madariaga foi imputado polos presuntos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e abuso no exercizo de función pública. Ainda que os feitos se remontan a hai dez anos, cando recalificou de dotacional a residencial unha parcela locada no termo municipal do que era alcalde, o presunto uso do seu cargo para apropiarse dos terreos e aproveitarse foi denunciado en 2005 polo PSOE. O ano 2009  o exalcalde de Santurde foi condeado na súa “triple condición” de alcalde, promotor e constructor a unha multa de 73.000 euros e  tres anos de suspensión de cargo público por terse provado segundo a sentenza que a Diócese de Calahorra e La Calzada (Logroño) vendera por 480.708 euros unhas leiras en Santurde a “Ribera del Oja Mercantil de Inversiones” e da que, ao pouco, foi nomeado Montoya como administrador solidario.  Un terreo de 7.299 metros cadrados calificado no Plano Xeral Municipal como solo dotacional para a construcción dunha  residencia da terceira idade que acabou dando uns gaños de 7 millóns € pola venda dos terreos recalilificados (unha sentenza que non foi precisamente exemplar). A Audiencia Provincial de Logroño confirmou  en 2010 o fallo do Xulgado do Penal número 1 da capital rioxana, posteriormente recorrido polo acusado (LaRioja.com).
Segundo os fundamentos da sentenza na modificación urbanística  malia “seguir o cauce formal correcto” confluian a “triple condición” do procesado en calidade de alcalde, promotor e constructor.
Portanto, era conscenteda situación das terras que tentara vender á Diocese e que esta tiña solicitado en 2000 o cambio de uso dotacional desta parcela, unha solicitude que o concello non atendeu durante catro anos. Logo da compra do terreo por Ribera del Oja “promueve, autoriza, construe e vende”, incumprindo o reglamento das Corporacións locais. Segundo fontes financieiras consultadas o exalcalde imputado deixaba o cargo de administrador solidario a favor dun administrador único Joseba Arketa, aparecendo como apoderado José Tomás Ucedo, que é quen se reuniu con Luis Rubido o pasado mes de marzo. Un cambio que se producia en decembro de 2014, hai apenas cinco meses.
Estas mesmas fontes informan que o exalcalde e empresario continuaba vinculado a Ribera del Oja Mercantil de Inversiones  en decembro de 2012 como accionista maioritario co 66,67 % do capital. O accionista de referencia desta empresa foi condenado por feitos sucedidos sendo administrador único e funcionario público eleito.

Segundo consta no  Boletín Oficial del Registro Mercantil, até o pasado 27 de agosto de 2014 Jesús Montoya foi o administrador solidario  desta sociedade, producíndose o cese de membro  e cambio de  órgano administrativo da empresa en setembro de 2014, pasando a ser de administrador único. Ribera del Oja adicada á compra e venda de terreos, promoción e construcción de toda clase de edificios, alugueiro e venda de vivendas e locais e explotación de edificions para residencias de persoas maiores e para servizos de hostalaria, foi condenada por delitos político-mercantís – directa ou indirectamente-  para contratar coas administracións públicas cando o seu administrador solidario era o alcalde de Santurde Jesús Montoya. Pois ben, o alcalde condenando por prevaricación deixou lugar a un administrador único de Ribera del Oja hai apenas 7 meses (Registro Mercantil 10/09/2014). Á luz destes datos resultan sorprendentes as declaracións de Luis Rubido, alcalde de Cedeira, asegurando que as negociacións co grupo Ribera de Oja comenzaran en maio e en agosto de 2014, reuníndose primeiro con Portos. Quer dicer, as negociacións comezaran cando Jesús Montoya, acusado con  setenza firme de dar un pelotazo urbanístico cando era alcalde,  ainda constaba como administrador solidario da empresa que continua a ser accionista principal, xa que o novo administrador único e o apoderado son nomeados, segundo a data da inscritura do rexistro mercantil o 3 de setembro de 2014.

Cando non abonda dicir que somos transparentes. Cómpre selo

É posibel burlar a lei de Contratos coas Administracións Públicas cando todo fica na casa, é dicer, cando as conexións entre representantes  e exrepresentantes do PP permiten seguir dando corda aos negocios privados? Cando deixou de importarnos a verdade?

Talvez sexa acaído lembrar que segundo a Lei de Contratos do Sector Público 3/2011 de 14 de novembro, o artigo 60 de “prohibicións de contratar”, especifica que “non poderán contratar co sector público as persoas en quen concorra- entre outras circunstáncias- o “daquelas empresas que, por mor das persoas que as gobernan ou outras circunstancias, pódese supor que son unha continuación ou derivar unha transformación, fusión ou sucesión de outras empresas nas que aquelas tiveran participado”.

A manga larga do PP cos negocios privados, e tamén da lexislación, permite abusos coñecidos ( asulagados que estamos nun mar de corrupción e o seus fantasmas) nos que prevalecen os seus intereses durante e logo de estar no executivo. Moral de xeografía variabel segundo conveña.  Lembremos que cando en decembro de 2013 o rexidor  sucedeu ao seu irmán limitouse a xurar o cargo sen dicir nin pronunciar palabra nin permitir que a oposición intervira. A aposta pola “rexeneración” sustanciada na lei de transparencia fican cuestionados máis unha vez á vista dunhas operacións nas que non se repara no dano colateral que esas relacións poden ter para preservar a imaxe de Cedeira.

Urxe o relevo. A demisión a comezos desta lexislatura de Leopoldo Rubido non debera significar seguir teimando nas mesmas políticas que prevaleceron a golpe de maioría absoluta subvencionada e dun gasto non produtivo que acelerou a desfeita medioambiental e urbanística de Cedeira e o deserto do rural. As transicións teñen o seu tempo e os protagonistas debería ser a cidadanía cedeirense logo de décadas de paternalismo sucursalista. Porén, as sagas continuan. Debe ser cousa do “partido dos seres humanos normais”(Rajoy) e de quen lles vota, o resto “os anormais”, os que non lles facemos caso apandamos coa súa arrogancia. Parece mentira que o PP non teña unha cara nova que ofrecer logo de décadas de acaparar o poder local en Cedeira. Se realmente se quere abrir un tempo novo, non hai abondo con deixar atrás o pasado. Fai falta pensar nunhas institucións e nunha cultura partillada que fagan máis dificil a formación de sistemas clientelares de caracter estructual. Xa que pouco ou nada teremos avanzado se empresas que foron condenadas en firme continuan tendo relacións normalizadas, mesmo intactas, coas admnistracións públicas, xustificándoo todo sempre polo fantasmagórico proveito económico.

Ao mellor tamén che interesa

Cousas que hai que saber da empresa rioxana que quere facer o porto deportivo

Porto deportivo – II

Porto deportivo – I

Ao final da escaleira. Desfeita urbanística

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off