off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 1 Maio, 2015 at 11:11 a.m.

Cando a precariedade é explotación. Os sindicatos exixen emprego e salarios dignos

by

O 1 de maio chegou con máis motivos ca nunca. A destrución de emprego en Galicia duplica a do Estado. Unhas 9.000 persoas convocadas pola CIG percorren as rúas de Vigo 


Vía @SecundinoGarcia e @GN_Ferrolterra #dependedenós
Vía @SecundinoGarcia e @GN_Ferrolterra #dependedenós

CIG percorreu as rúas de doce localidade baixo o lema Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos  para  amosar que o lema o soerguen os datos:dende que que estalaou a crise  non só se perderon milleiros de empregos, senón que se produciu “un empobrecemento xeralizado da clase traballadora galega”.Segundo a CIG hai 177.000 persoas que sendo consideradas como “ocupadas” nas estatísticas os seus ingresos brutos son inferiores a 1.872 euros ao ano.

Segundo os datos da EPA, a destrución de emprego en Galicia duplica a do Estado,

UGT e CCOO desenvolveron nunha mobilización conxunta as súas manifestacións baixo o lema Así non saímos da crise. As Marchas da Dignidade reunen ao novo sindicalismo  en sete marchas. As centrais organizadas arredor das Marchas da Dignidade (CUT, CNT, CGT, STEG, Sindicato de Xornalistas, Sindicato Ferroviario ou Sindicato de Elevación) sinalan nun comunicado conxunto que neste Primeiro de Maio “sobran os motivos para a mobilización”

As fozas sindicais todas concordar en que as cifras do Goberno negan a suposta recuperacion. Descende a cobertura e protección. Apenas un terzo das persoas sen traballo cobra algunha prestación. O emprego a tempo parcial acada un desorbitado 85% nos últimos cinco anos.

Horas e lugares de saída das manifestacións da CIG

A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.

Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.

Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.

Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.

Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.

Viveiro:  ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.

Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.

Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.

Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.

A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.

Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.

Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off