off
Arte, Galiza — 1 Maio, 2015 at 6:08 p.m.

A obra pictórica de Castelao acredita que se pode facer arte ao servizo do pobo

by
castelao_pintor_OLLAPARO
Francisco Rodríguez, nun intre da palestra sobre a obra pictórica de Castelao. Sala Áncora

Na palestra desenvolvida en parceria cos pintores Ladislau da Regueira e Avelino Castro, o ensaísta e escritor Francisco Rodriguez suliñou o caracter único da obra clásica de Castelao xa que non hai na nosa contorna, en estados como francés ou o español, un artista cunha obra tan extensa ao longo de 50  anos reflectindo o caracter social do pobo de seu e tan valiosa en termos plásticos. Porén, laiouse, esta fortemente esparexida.

ollaparo_castelaopintor
Ladislau da Regueira fixo unha valoración pictórica da obra clásica de Castelao pintor

A radicalidade da súa arte pictórica cómpre ser revisitada. O Album Nós é carta de presentación dun pobo diferenciado, cunha lingua e unhas necesidades de seu que precisa unha política distinta. E levou esa exposición por toda Galiza. A obra e a acción pictórica de Castelo serviu para encarcerar caciques. Sabido é que houbo campañas para xustificaren o golpe de estado militar en función da loita contra a corrupción. As forzas progresistas de Madrid utilizaron as potentes imaxes de Castelao -“os caciques aforcados”- para denunciar o caciquismo. Nos seus debuxos está a loita contra a corrupción, publicando en Madrid tamén no xornal El Sol, inzado de caricaturas de Castelao durante tres anos. Chegando a meter no cárcere a máis de trescentas persoas, entre deles a Viturro, o cacique de Rianxo.

Castelao_cacquescompos. caciques goberno

One Comment

  1. Compre poñer en valor a nosa cultura. Nesta ocasión visionando e redescubriendo una pequeña parte da obra de Castelao.
    Agradecer tanto a Lasdislau coma a Avelino e a Francisco a sus disposición e explicacions.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off