off
Cedeira, Política local — 25 Abril, 2015 at 11:20 a.m.

Propomos unha entrevista @s candidat@s que se presentan á eleccións municipais de maio no Concello de Cedeira

by

Ollaparo vén de remeter por correo unha breve entrevista @s candidat@s que se presentan á eleccións municipais de maio no Concello de Cedeira. Na proposta convídase ás candidaturas do PP, ANOVA, BNG, PSC-PSOE e EU a participaren xa que permitiría ofrecerlle á cidadanía un especial na revista con todas opcións que se presentan. Conscentes dos posibeis nesgos e prexuizos, o cuestionario é básicamente o mesmo, modulándose algunha das cuestións en caso de o candidato presentarse por primeira vez ou de ter gobernado.

  • Como prevé as eleccións?
  • Cal é o proxecto do que fai bandeira?
  • A que partida orzamentaria adicará máis cartos?
  • Como é o seu equipo?
  • Non é a primeira vez que se presenta. Que mudará das políticas de Luis Rubido?
  • Que vicios cómpre erradicar dos anteriores equipos de goberno?
  • Na súa presentación na prensa afirmou: “…” a que se refería?
  • Como potenciará a participación cidadá?

 Breve reseña biogràfico-curricular

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off