off
Política local — 24 Abril, 2015 at 1:08 p.m.

María Xosé Rodríguez encabeza a candidatura do BNG en Cedeira

by

“A nosa prioridade son as persoas e o seu benestar integral, queremos que o noso Concello conte cun plan de emerxencia social”


 

bng_cedeiraO BNG vén de facer pública a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais de maio. A candidata aposta por achegarse máis á cidadanía cedeirense: “A nosa prioridade son as persoas e o seu benestar integral, queremos que o noso Concello conte cun plan de emerxencia social”. A resposta a ese obxectivo é segundo as liñas programáticas feitas públicas hoxe polo BNG “uns orzamentos participativos e unha xestión municipal clara e transparente”.

En comunicado de prensa a candidata da esquerda nacionalista declara que a millor compaña en política é o reparto de poder,  a xente pregúntase como é que as políticas que aplicou a dereita en España, na Xunta e no consistorio de Cedeira, deixan a media poboación sen traballo ou xeran desigualdades até agora descoñecidas. “É por iso que priorizamos tamén o noso compromiso cunha política social e medioambiental que mellore a nosa calidade de vida, empezando por eliminar os gastos non produtivos e redistribuir os usos dos inmobles públicos de xeito racional, restituindo o seu valor de uso público, igual que apostamos pola defensa do local social dos maiores no auditorio, tamén apostamos por dotar de espazos á xuventude e ás asociacións”, afirma.

Candidatura do BNG

1. María Xosé Rodríguez

2. Manuela López Rodríguez.

3. Fernando Iglesias Bouza.

4. Cristina Prieto Lago.

5. Brais Iglesias Espantoso.

6. Antonio López Martínez.

7. Antón Iglesias Pérez.

8. Ermitas Lorenzo Arribi.

9. Manuel Pérez Pernas.

10. Florinda Muíño Novo.

11. Alberte Couto Díaz.

12. Fernando Ameneiros Graña.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off